Chus Pato gaña o Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2018
Chus Pato acaba de ser recoñecida co Premio Clara Campoamor á igualdade de oportunidades 2018, un galardón concedido polo Concello de Ourense, cidade da que é natural a poeta. O xurado salienta que o labor da académica de número é recoñecido máis alá das nosas fronteiras, con traducións a distintos idiomas e presenza en antoloxías internacionais.
Este é un premio, sinala a galardoada, que a emociona porque leva o nome dunha figura, Clara Campoamor, "fulcral na historia das mulleres do Estado español". "Síntome moi pequena ao lado de Clara Campoamor, este é un premio que me abraia moito e que me incita a un compromiso maior co feminismo", expresa Chus Pato, que recorda a loita polo voto feminino que emprendeu, e gañou, a deputada durante a República. "Conseguiuno, cómpre lembrar, co apoio do Partido Galeguista, cos votos a favor de Castelao e Otero Pedrayo. Despois converteuse nunha refuxiada e non puido volver. Morreu no exilio en Suíza, un país que hoxe tamén acolle a Anna Gabriel", engade.
Chus Pato rexeita etiquetas para definir a creación poética: "considero que a poesía é poesía sen adxectivos, calquera adxectivo en poesía sempre reduce". En calquera caso, recoñece a pegada da teoría e da práctica feminista na súa escrita. "Quen escribe é quen escribe. Eu son feminista desde que teño uso de razón e a miña vida evolucionou á par desa teoría e desa práctica. Desde o momento en que a min o feminismo me transformou, é evidente que a miña poesía se transforma e se marca en feminismo e en feminino", explica.
Real Academia Galega (RAG), 2018-02-27
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.