O CDG inicia os ensaios de Divinas palabras cara á súa estrea o 12 de abril
Xesús Ron dirixe un elenco integrado por Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Antón Coucheiro, Borja Fernández, Mónica GarcÃa, Tone MartÃnez, Victoria Pérez, Ãnxela RÃos e Tomé Viéitez. O equipo artÃstico traballa xa co persoal técnico do CDG nesta primeira versión en galego dunha das obras teatrais máis coñecidas de Valle-Inclán, que se aborda desde unha ollada actual.
O equipo artÃstico e técnico de Divinas palabras, a nova produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o 12 de abril no Salón Teatro de Santiago, acaba de iniciar neste escenario os ensaios da que será a primeira versión en lingua galega da coñecida obra de Valle-Inclán.
Xunto con Xesús Ron, director do espectáculo, incorporáronse ás primeiras sesións de traballo os nove integrantes do elenco: Patricia de Lorenzo e Manuel Cortés, nos papeis protagonistas de Mari Gaila e Pedro Gailo, e Antón Coucheiro (como Sétimo Miau), Borja Fernández (MiguelÃn), Mónica GarcÃa (Marica del Reino), Tone MartÃnez (Pedáneo), Victoria Pérez (Tatula), Ãnxela RÃos (Simoniña) e Tomé Viéitez (Laureano). Estes sete últimos intérpretes foron elixidos tras superar un proceso público de selección para o que o CDG recibiu 169 solicitudes.
Ao tempo, o persoal técnico da compañÃa da Xunta de Galicia traballa xa co resto do equipo artÃstico de Divinas palabras para comezar a darlle forma a esta “traxicomedia de aldea”, como a subtitulou o propio autor, da que o Centro Dramático Galego ofrecerá unha adaptación desinhibida e actual. Suso Montero está a deseñar a escenografÃa, Mar Fraga o vestiario, Fidel Vázquez a iluminación e Fanny Bello a caracterización, mentres que Cuco Pino realiza os vÃdeos, Arantza Villar ocupa a asistencia de dirección e José DÃaz, a de produción.
Os ensaios, que están a comezar coas primeiras lecturas conxuntas do texto traducido e adaptado por Manuel Cortés, estenderanse durante dous meses. O 12 de abril terá lugar a estrea do espectáculo no Salón Teatro, sede do CDG, onde poderá verse ata o 29 de abril. Divinas palabras iniciará a continuación unha xira ata xullo que, ademais de recalar en diferentes escenarios galegos, inclúe 10 dÃas de representacións no Teatro Español de Madrid no mes de maio.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-02-15
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.