Notas de prensa

O Consello da Cultura Galega aborda nunha xornada o tratamento de datos masivos (big data) desde Galicia

Datos de formularios e enquisas, correos electrónicos, mensaxes en redes sociais, sinais de móbil, arquivos de audio, sensores, imaxes dixitais..., a sociedade en rede deixou gran cantidade de volume de datos. Á súa xestión e análise chámaselle Big Data. Sobre este tema tratará a xornada do CCG do 15 de marzo “A cultura dixital en Galicia: viaxe de ida e volta ao Big Data, á verificación e á mobilidade”.

O Big Data non só mudou o acceso á cultura, senón que está transformando moitas das dinámicas culturais das sociedades actuais. Nesta xornada, coordinada por Xosé López, Xosé Ramón Pousa e Rosa Aneiros, preténdese ofrecer unha visión panorámica do que acontece no panorama do Big Data, coa presentación dalgunhas experiencias, e analízanse vías para aproveitar esa circulación masiva de datos nas iniciativas culturais nos diferentes ámbitos.

A xornada comeza cun relatorio xeral a cargo de Anaclet Pons, catedrático de Historia Contemporánea da Universitat de València, sobre o Big Data e os novos documentos.
Despois, o catedrático de Comunicación da Universidade Carlos III e da UNED Carlos Elías fala de ruído e información clave na era de sobreabundancia das mensaxes. A sesión da mañá remata cun relatorio sobre a utilidade e os desafíos do emprego de datos no campo da cultura e da ciencia. A visualización dos datos e a súa aplicación nos produtos culturais será o tema que trate a xornalista Clara Higuera, que traballa como "Data Scientist" na BBC, e tamén Xaquín González, xornalista e infografista.
Un dos grandes riscos do exceso de información pasa polos bulos, pola necesidade de verificar a información e buscar sistemas que acheguen valor engadido aos produtos culturais. Disto falará pola tarde Jesús Miguel Flores Vivar, profesor de Ciberperiodismo e director de Internet Media Lab. da Universidad Complutense de Madrid. Deseguido, Carmen García Mateo, catedrática do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo, falará de intelixencia artificial e, entre outras cuestións, da automatización dos contidos.

Despois deste marco xeral, pecha a sesión unha mesa redonda, que centra o foco en Galicia. O director de innovación da Televisión de Galicia, Xosé Pereira, modera unha sesión en que participan María Yáñez, xornalista especialista en estratexias nas redes; Marcus Fernández, webmaster de Código Cero; e Rubén Bastón, Customer Happiness e director de Elogia.

Programa completo

Consello da Cultura Galega (CCG), 2018-02-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (factura.jpg) Os proxectos que se van desenvolver recibirán 4,66 millóns de euros en axudas que permitirán a mobilización de 11,3 millóns no sector. A instalación destas tecnoloxías posibilitará aforros anuais de 2,45 millóns de litros de gasóleo ao ano e a redución de emisións de 7.300 toneladas de CO2, equivalente á acción de 365.000 árbores. Vanse desenvolver 951 proxectos de biomasa, 512 de aerotermia e enerxía solar e 82 de xeotermia. Estes apoios súmanse ás axudas concedidas en materia de eficiencia enerxética e renovables a empresas, entidades sen ánimo de lucro e á administración local a través das que se impulsarán 434 proxectos que permitirán un aforro na factura enerxética dos beneficiarios de 5,5 millóns de euros ao ano.
Foto de la tercera plana (automocion.jpg) O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as axudas do bono Emprega Automoción, un novo programa dirixido a ocupados co que a Xunta apoia a formación á carta nas empresas do sector. O Goberno galego con esta iniciativa financiará o 50% da cualificación ata 2000 euros por persoa. Do que se trata é de mellorar as capacidades dos traballadores, o que permitirá ás compañías ser máis competitivas. O investimento previsto é de 3 millóns de euros ao ano para formar a 1500 persoas cada exercicio. O prazo de solicitude, aberto desde mañá, rematará o 30 de setembro.

Notas

Convocada unha nova edición dos Premios do Comercio Galego, cos que se busca poñer en valor as boas prácticas e a aposta pola calidade e a innovación no sector. Os galardón contan cunha dotación total de 12.500 euros e divídense en tres categorías. Así, o Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 3.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 2.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 1.500 euros.
Estase a celebrar ao longo deste 2018 o Ano do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa, tal e como establece o Plan director do Camiño de Santiago. Neste marco, ao longo de todo o mes de agosto, o Goberno autonómico vén promovendo estes itinerarios no país veciño a través da exposición fotográfica en 3D De mar a mar que pode verse na cidade portuguesa de Coimbra.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania