Notas de prensa

Culturas presenta o Kit de Activación Dixital, unha ferramenta web de recursos para a docencia e o activismo

O programa municipal Coruña Dixital, impulsado pola Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, porá en marcha este mes de febreiro unha nova iniciativa, o Kit de Activación Dixital. A proposta é unha ferramenta web que pretende ser un punto de encontro e guía para por en común experiencias, retos e recursos cos que expandir novas prácticas culturais e activistas a través da creación e innovación audiovisual.

Tal e como destaca o edil José Manuel Sande, esta iniciativa "supón un novo paso no camiño deste programa, que pretender visibilizar aos colectivos, espazos e eventos da cidade para aprender e exerimentar, en común, coa cultura dixital". A nova ferramenta está pensada, especialmente, para profesionais da docencia e dos espazos socioculturais, así como para as persoas vinculadas ao mundo do activismo e da divulgación, "co obxectivo de crear un espazo que permita sumar e achegar experiencias, dúbidas ou suxestións que favorezan o desenvolvemento de proxectos de investigación", sinala Sande.

O Kit, que se presentará este sábado, 3 de febreiro, no Kiosco Alfono, é o resultado do traballo colaborativo de profesionais con ampla experiencia neste ámbito e con vinculación coa cidade, como son María Lobo, Roi Guitián e Cristina de la Torre, e que tamén conta con achegas de diferentes profesionais do audiovisual de da comunicación. "A idea deste Kit mantén, na súa base, a liña de traballo que se está a priorizar desde a Concellería, como é contar e apoiar o labor das e dos artistas, creadoras ou creadores locais, así como visibilizar e difundir as súas experiencias e que permitan avanzar na idea da Coruña como cidade de vangarda cultural", afirma o concelleiro.

O acto do sábado, aberto á veciñanza, comezará ás 11.00 horas. Consitirá nunha presentación da proposta da man das súas responsbles e de Sergio Lago, coordinador de Coruña Dixital, e contará cunha visita guiada ao novo espazo web. Contra ás 11.30 horas, terá lugar unha rolda de pequenas presentacións de iniciativas galegas inspiradoras --da man de Airoá, VideodinamizArte, Olloboi, Gingko e Cristina de la Torre-- para todas aquelas persoas que traballan con cativas e cativos, mocidade, veciñanza e outros colectivos específicos e que queren achegarse ás ferramentas do audiovisual e a comunicación dixital para desenvolver proxectos eficaces e participativos, así como para profesionais do audiovisual e a comunicación dixital que buscan novos enfoques no seu traballo. Finalmente, ao remate desta presentación, abrirase un tempo de conversa aberta, concibida como un proceso de colaboración entre o público e os profesionais que desenvolven o Kit. "A idea é que as achegas, suxestións, ideas, e tamén dúbidas que se planteen este sábado, se incorporen ao Kit e o completen, de tal xeito que as usuarias e os usuarios, con independencia do seu nivel de coñecementos de audiovisual ou comunicación dixital, contribúan a completar o Kit de Activación Dixital", explica Sergio Lago.

Gabinete de Comunicación do Concello da Coruña, 2018-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES