Notas de prensa

A Xunta súmase á recepción ás confrarías gastronómicas e enófilas internacionais en Xantar

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018. Converteuse en referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros de España e Portugal ao que se han ido sumando outros países de Iberoamérica.

Na súa intervención, Díaz Mouteira resaltou a importancia deste evento e aludiu ao labor que desenvolven estas entidades e a súa contribución á conservación da cultura e a tradición gastronómica. A delegada territorial subliñou o "enorme potencial confraternizador da gastronomía, que é un dos máis importantes recursos turísticos que temos en Galicia” e referiuse ao Plan de Enogastronomía que está a elaborar Turismo de Galicia e que vai ser presentado nos próximos meses.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, asistiu á recepción ás Confrarías gastronómicas e enófilas internacionais, ofrecida no marco da 19ª edición do Salón Internacional de Turismo gastronómico-Xantar 2018. Neste acto participaron máis de 40 confrarías achegadas desde 7 Comunidades autónomas de España, e de Francia, Ecuador, México e do país convidado da edición deste ano, Portugal.

Defende a calidade da Gastronomía e o Turismo Sustentable e Saudable fusionando tradición e innovación propia dos territorios representados a través de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-02-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES