Notas de prensa

CC.OO. participa nas mobilizacións en defensa do sector sanitario público e da Xustiza (24 e 25 de xaneiro)

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convoca concentracións para o mércores 24 de xaneiro en Galicia como rexeitamento á Lei de saúde pública de Galicia. Tamén o xoves 25 de xaneiro convócase unha folga e manifestación do sector da Xustiza que percorre as rúas da capital de Galicia.

A plataforma SOS Sanidade Pública, da que forma parte CCOO, convoca concentracións para o mércores, 24 de xaneiro, en defensa do sistema sanitario público. Desde a plataforma rexeitan a Lei de saúde pública de Galicia imposta pola Xunta, que provocará a desaparición de varias áreas sanitarias e prexudicará a atención.

As concentracións previstas:

— A Coruña: ás 20 h, no Obelisco
— Ferrol: ás 19.30 h na praza de España
— Santiago de Compostela: ás 20 h na praza do Toural
— Ribeira: ás 20.30 h, na praza do Concello

— Lugo: ás 11.30 h na entrada do Hospital Lucus Augusti
— Burela: ás 12 h no Hospital da Costa

— Ourense: ás 20 h na praza Maior
— O Barco de Valdeorras: ás 20 h na praza do Concello

— Pontevedra: ás 20.30 na praza da Peregrina
— Vigo: ás 20 h diante do PAC
— Vilagarcía de Arousa: ás 12.30 h no Hospital do Salnés

O xoves, 25 de xaneiro, percorrerá as rúas de Santiago de Compostela unha manifestación nacional contra a discriminación laboral que sofren as traballadoras e os traballadores da Xustiza. Os sindicatos CCOO, CIG, UGT, USO, CSI-F, STAJ, CUT e SPJ convocan a marcha, precedida por dúas xornadas de folga no ámbito.

Os oito sindicatos denuncian as «reiteradas mentiras» difundidas pola Xunta de Galicia nas últimas datas, que consideran un «desprezo» tanto ao colectivo profesional como á cidadanía.

Para facilitar a participación nesta manifestación, as organizacións sindicais porán varios autobuses a disposición das persoas interesadas. Os autocares partirán ás 9:50 da Coruña (fábrica de tabacos), Ferrol (estación de autobuses, con parada en Fene), Lugo (praza de Avilés, con parada en Baamonde), Ourense (novo edificio xudicial, con parada no Carballiño), Pontevedra (praza de Galicia) e Vigo (Xulgados). Tamén haberá un autobús que sairá ás 9 horas desde a estación de Cangas.

Gabinete de Comunicación de CC.OO., 2018-01-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES