Galaxia promove dúas obras teatrais sobre novelas de MarÃa Victoria Moreno e outra sobre a súa vida
As novelas Leonardo e os fontaneiros e Anagnórise contarán este ano con cadansúa adaptación teatral a cargo de Ubú Teatro e Limiar Teatro, que tamén levará a escena a vida de MarÃa Victoria Moreno. A editorial Galaxia promove as pezas dentro da súa programación co gallo do DÃa das Letras Galegas dedicado á autora, fundadora e codirectora da súa colección infantil, Ãrbore.
Ubú Teatro, tras adaptar o pasado ano A galiña azul de Carlos Casares, volver levar aos escenarios da man de Galaxia unha obra da figura á que a Real Academia Galega lle dedica o 17 de maio. Desta volta será a historia do can Leonardo, Antón e os seus compañeiros de curso, os fontaneiros, galardoada en 1985 co 3º Premio Barco de Vapor. Limiar Teatro asume o reto de adaptar a novela máis recoñecida de MarÃa Victoria Moreno, Anagnórise, que narra a fuxida de Nicolau, un adolescente que escapa da casa, acompañado da muller que o recolle facendo autostop.
Limiar Teatro representará ademais unha segunda obra baseada na vida de MarÃa Victoria Moreno, unha traxectoria que tamén poderá percorrerse a través das páxinas da biografÃa que preparou para Galaxia a profesora Montse Pena Presas. O libro sairá do prelo a finais de xaneiro baixo o tÃtulo A voz insurrecta: MarÃa Victoria Moreno, entre a literatura e a vida. Máis adiante, en colaboración co Consorcio de Santiago, a editorial publicará nunha edición especial É a lúa que baila, un estudo de MarÃa Victoria Moreno sobre os poemas de Federico GarcÃa Lorca prologado polo académico Xesús Alonso Montero.
Galaxia está a reeditar desde 2017 tÃtulos de MarÃa Victoria Moreno que son parte do seu catálogo. É o caso das novelas xa mencionadas, A festa no faiado (1983), ¿E haberá tirón de orellas? (1997) ou Guedellas de seda e liño (1999), asà como Onde o aire non era brisa, novela escrita nos anos 60 en castelán e traducida ao galego en 2009.
Real Academia Galega (RAG), 2018-01-22
Actualidad
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurÃdicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitirÃa aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artÃsticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, asà como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.
Notas
Mostrar á cidadanÃa os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros paÃses. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o tÃtulo 'PerfÃs profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüÃstica, tecnoloxÃa e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfÃs profesionais de cara ao futuro e presente da IA.