Notas de prensa

Convócase o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil en galego

O Concello de Pontevedra e Urco Editora convocan o I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil. O galardón pretende honrar a figura da escritora que será homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018 e promover unha creación de calidade literaria para o público xuvenil, ao que a autora dedicou títulos emblemáticos das letras galegas como Anagnórise.

O escrito inédito gañador, cunha extensión máxima de 250.000 caracteres, será publicado por Urco e recibirá 4.000 euros. O prazo de entrega dos textos que opten ao premio conclúe o vindeiro 28 de febreiro. O xurado estará composto por unha persoa representante da familia de María Victoria Moreno, outra en representación do Concello de Pontevedra, unha alumna ou alumno do IES Torrente Ballester de Pontevedra -o último no que María Victoria Moreno foi docente-, unha persoa especialista en literarura infantil e xuvenil e outra en nome de Urco Editora. A súa decisión farase pública durante a celebración do Salón do libro infantil e Xuvenil de Pontevedra, en cuxa páxina web poden consultarse as bases do premio.

O tema da edición de 2018 do Salón do libro infantil e xuvenil de Pontevedra é "Mulleres de conto". Preténdese así render unha "homenaxe merecida" ás mulleres que conforman o mundo da LIX e "promover unha lectura crítica e reflexiva, con perspectiva de xénero, ao mundo da creación literaria e plástica da LIX", explícase na páxina web do salón. Neste contexto, a figura de María Victoria Moreno, veciña da cidade, terá especial relevancia dentro das accións que se están a programar.

Real Academia Galega (RAG), 2018-01-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES