Notas de prensa

A economía ao servizo da xente, a renda básica universal e o territorio centran a axenda de En Marea na primeira semana do novo ano

En Marea comeza este 2018 coa súa axenda ateigada de actos políticos, incluído un debate sobre a renda básica universal, a extensión das xornadas por un territorio vivo para todo o país e unha xornada sobre as propostas económicas de En Marea para que, a maiores de saír da recesión, se poda dicir que tamén se sae dos anos de crise.

Economía para a xente. Baixo esa máxima o voceiro de En Marea Luís Villares, acompañado pola concelleira de Igualdade e Diversidade da Marea Atlántica Rocío Fraga, o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia Antón Arias, a experta en Igualdade e Relacións Laborais de CCOO Mabel Pérez Simal e o voceiro de En Marea Luís Villares. O emprego, o benestar e os servizos sociais, as políticas de igualdade, como transformar crecemento en desenvolvemento e o papel das infraestruturas na economía do país serán os eixos temáticos que se tratarán co obxectivo de avanzar en políticas económicas que deixen de estar divorciadas dos problemas da xente e pasen a ser axentes de igualdade e a xustiza social. Será o xoves 11 de xaneiro ás 19.45h no Salón de Actos da ONCE, no Cantón Grande da Coruña, e estará moderado polo voceiro de Economía de En Marea, o deputado Manuel Lago.

A xornada do sábado virá marcada pola celebración dun debate sobre Renda Básica Universal como dereito cidadán perante a crecente pobreza e desigualdade. A traballadora social Isabel Cribeiro, o economista Xabier Davila, a educadora social Eva López e o economista e parlamentario de En Marea Manuel Lago farán achegas sobre esta medida que garante un ingreso mínimo a todas as persoas, nestes tempos nos que traballar non é suficiente para sobrevivir. O coloquio será presentado e moderado pola deputada de En Marea e responsable da área de Políticas Sociais de En Marea, Paula V. Verao e terá lugar no local de En Marea, na rúa Santiago de Guayaquil, de Compostela este sábado ás 10h.

En Marea tamén continúa esta semana extendendo territorialmente o necesario debate Alternativa para un Territorio Vivo. Neste caso cun encontro comarcal de Pontevedra, que terá lugar o sábado na Casa da Cultura de Ponte Caldelas a partir das 11h. Partindo da reflexión sobre o sistema de emerxencias e extinción de lumes forestais, coa participación de Isabel Torres, membro do Colectivo A Rente o Chan e Davide Rodríguez, deputado de En Marea e bombeiro forestal, a segunda mesa versará sobre as causas do abandono da terra e as saídas para valorizar o monte, coas voces de Claudio Quintillán, técnico de Explotacións Forestais , Xosé Alfredo Pereira, presidente da Organización Galega das Comunidades de Montes e Víctor Ãlvarez, técnico da Consellería de Medio Rural. Finalmente, o xeógrafo Xosé Constela, o voceiro de En Marea Luís Villares e a deputada Paula Quinteiro darán conta das iniativas de En Marea para un territorio vivo. Moderará o debate José Manuel Cal, da Comunidade de Montes de Chaín (Ponte Caldelas).

Pechará a axenda de En Marea esta intensa semana a constitución de En Marea Mondoñedo nun acto que terá lugar este sábado 13 na Casa das Mañas ás 18h.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2018-01-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES