O Dicionario online da RAG superou en 2017 os 20.5 millóns de consultas
O balance confirma a consolidación do Dicionario como unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua galega para un crecente número de persoas, en constante actualización co apoio da Fundación Barrié. Pódese acceder aos significados de máis de 56.000 termos tanto a través da páxina web da institución como do Portal das Palabras.
O Dicionario da Real Academia Galega pechou 2017 co maior número de consultas desde a posta en marcha da súa versión dixital en 2013. Nos últimos doce meses superou os 20,5 millóns de buscas, unha cifra que supón un incremento do 42 % con respecto ás 14.400.000 contabilizadas en 2016 e unha media diaria de máis de 56.000. O balance confirma a consolidación do Dicionario como unha ferramenta cotiá imprescindible da lingua galega para un crecente número de persoas, en constante actualización co apoio da Fundación Barrié.
O Dicionario alcanzou no ano que acaba de rematar desde academia.gal os 1.059.472 usuarios únicos, case 192.000 máis que os 867.555 de 2016. As persoas que cada dÃa fan uso desta ferramenta poden acceder aos significados de máis de 56.000 termos tanto a través da páxina web da institución como do Portal das Palabras.
Ãs máis de 20,5 millóns de consultas rexistradas desde ambas as webs en 2017 hai que engadir as case 2 millóns de visualizacións que sumaron as aplicacións para o Dicionario para Android e iOS, cunhas 70.000 descargas.
Un dicionario para o século XXI
Alén de resolverlles aos usuarios e usuarias dúbidas sobre o significado, a ortografÃa, o uso dunha palabra ou a conxugación dos verbos, o Dicionario da Real Academia Galega en liña permÃtelles unha utilización personalizada e interactiva que pretende facilitar a formación dunha comunidade dinámica e participativa composta polas persoas que envÃan á Academia propostas e comentarios. Unha das vÃas é a lapela "Axúdanos a mellorar", visible ao final da definición de cada termo. Outra das últimas novidades foi a incorporación da busca directa de termos na forma feminina, posta en marcha o pasado 8 de marzo, DÃa da Muller.
Cómpre lembrar tamén que as aplicacións do Dicionario para Android e iOS permiten acceder aos xogos interactivos e outros recursos lúdicos e didácticos de lexicografÃa en permanente actualización do Portal das Palabras.
Real Academia Galega (RAG), 2018-01-08
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.