O CDG aposta de novo por Valle Inclán cunha nova obra en galego en 2018
O Centro Dramático Galego (CDG) aposta polas obras de Ramón MarÃa del Valle-Inclán. En 2018 estrearase a primeira versión en galego da obra Divinas palabras, o fito principal da programación do CDG nesta temporada. Anunciouse na tradicional ofrenda floral no cemiterio de Boisaca polo aniversario do pasamento do autor, referente literario.
Cómpre destacar que esta nova representación súmase á posta en marcha o ano pasado con Martes de Carnaval, que realizou 33 funcións en 11 teatros de Galicia e Valencia, concretamente no Festival Tercera Setmana. As diferentes representacións congregaron a preto de 6.000 espectadores.
Durante a súa intervención no acto de homenaxe, Román RodrÃguez recordou a Valle-Inclán como “un referente canónico da cultura galega, española e mesmo mundial”. O conselleiro animou a relembrar o legado de Valle-Inclán, posto que na actualidade está considerado como “un dos grandes renovadores da novela do século XX e a máxima figura, xunto con Lorca, do teatro español contemporáneo”.
No acto tamén participaron o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-01-05
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.