Notas de prensa

Galiza Nova cumprirá este 2018 30 anos de traballo a prol dos dereitos da mocidade

A organización xuvenil do BNG celebrou unha rolda de prensa para anunciar que neste ano 2018 se cumprirán 30 anos da celebración da súa I Asemblea Nacional, que tivo lugar os días 23 e 24 de xullo do 1988. O BNG conmemorará esta efeméride ao longo de todo o 2018 e percorrendo todo o país.

A organización xuvenil do BNG anunciou ante a prensa que este ano se cumpren 30 anos da súa fundación. Rubén Cela, ex-Secretario Xeral de Galiza Nova e actual membro da Executiva Nacional do BNG remarcou o papel fundamental que tivo esta organización por ser escola de formación de moita da militancia que a día de hoxe ocupa lugares referenciais na estrutura do BNG, “tanto a nivel nacional coma nas localidades e comarcas, así como en outras organizacións ecoloxistas, culturais, en defensa da lingua, etc. referenciais no ámbito do nacionalismo; sendo un exemplo disto Ana Pontón, actual Portavoz Nacional do BNG”, sinalou Cela.

Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova, salientou o feito de ser unha organización que leva tres décadas de traballo político público ininterrompido, sendo referentes en loitas coma a dada en contra do servizo militar español, na defensa da terra sendo parte activa do movemento Nunca Máis, ou pola liberdade das mozas galegas creando unha Asemblea de Mulleres, organismo de carácter autónomo para o desenvolvemento da liña política no eido feminista, feito pioneiro no seu momento.

Remarcou asemade a importancia deste aniversario por ser unha organización xuvenil, o que provoca unha renovación constante da súa militancia, e por manterse durante estes 30 anos cunha ampla implantación en todo o territorio galego e que “Isto só foi posíbel grazas ao incansábel traballo de centos de mozas e mozos que participaron de Galiza Nova, sendo de moi diferentes xeracións, mais tendo en común o soño de transformar Galiza e convertela nun país no que a xente nova poidamos vivir dignamente.

Finalmente anunciou que “a Dirección Nacional xa está traballar no lanzamento dunha campaña que terá lugar durante todo o 2018 e que se desenvolverá en todo o País para conmemorar a fundación da organización, por en valor o traballo destes 30 anos e ao mesmo tempo tamén celebrar”.

Gabinete de Comunicación del BNG, 2018-01-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES