A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), da ConsellerÃa de Cultura e Educación, achegoulle ao público 1815 citas culturais durante 2017, entre funcións escénicas, concertos e proxeccións cinematográficas. Estas actividades foron directamente promovidas tanto a través dos seus circuÃtos de programación (Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Salas, Cultura no Camiño e Cinemas de Galicia) como das súas unidades adscritas, como o Centro Dramático Galego (CDG) ou o Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI).
O conxunto das actuacións, protagonizadas na súa meirande parte por formacións artÃsticas galegas de carácter profesional, estendeuse por máis de 100 concellos das catro provincias conformando unha moi variada oferta, coordinada coas administracións locais e outras entidades. O seu obxectivo é dobre: dunha banda favorecer a descentralización para que a produción cultural galega chegue a unha ampla parte da cidadanÃa, e doutra, impulsar a contratación dos espectáculos feitos en Galicia.
CircuÃtos para compañÃas profesionais
Neste sentido, os circuÃtos de maior actividade en 2017 foron os catro destinados á circulación de espectáculos, con 1224 citas, das que 653 foron de teatro, 336 de música, 152 de maxia, 44 de circo e 39 foron de danza. Trátase da Rede Galega de Teatros e Auditorios, que programou 539 funcións de 146 compañÃas en 44 espazos; a Rede Galega de Música ao Vivo, con 196 citas con 57 grupos en 29 locais; a Rede Galega de Salas, con 118 actuacións de 43 compañÃas en cinco espazos; e Cultura no Camiño, o circuÃto promovido pola Agadic e Turismo de Galicia, con 371 funcións de 156 formacións artÃsticas en 98 espazos.
Outro lugar destacado no calendario escénico de 2017 ocúpao o CDG, que ofreceu 162 funcións tanto a través da programación organizada na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, como durante a xira de Martes de carnaval, a produción propia que levou ás táboas –por primeira vez en galego– as obras de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán; asà como a actividade pública do mercado galego das artes escénicas Galicia Escena PRO, con 20 propostas.
Tamén estivo aberto aos espectadores non profesionais o concerto inaugural do I Conecta Fiction, primeiro evento internacional pensado especificamente para a coprodución de series de televisión entre Europa, Latinoamérica e os Estados Unidos de fala hispana.
Programación cinematográfica
Seguindo no ámbito audiovisual, sobresae na oferta cultural de 2017 a intensa programación cinematográfica do Centro Galego de Artes da Imaxe tanto na súa sede da Coruña (284 sesións) como nas súas extensións en Ourense, Lugo e Vigo (51 sesións), en colaboración cos cineclubs destas tres cidades.
Ademais, o ano pasado celebrouse una nova edición de Cinemas de Galicia, rede organizada en colaboración con nove concellos para ofrecer 74 proxeccións de cinema galego e europeo.
Preto de 4 millóns de euros en subvencións
Por outra banda, a Agadic continuou colaborando con diversas iniciativas culturais organizadas por outras entidades públicas ou privadas. É o caso dos proxectos adxudicatarios das nove liñas do seu programa subvencións ás industrias culturais, dotado en 2017 con 3.985.000 euros.
A través del, contribuÃuse economicamente coas programacións de 24 festivais de escena, música e cine, e con máis de 600 funcións, concertos e accións de promoción da nosa cultura no exterior, asà como coa posta en marcha de 36 proxectos audiovisuais, en distintas fases de desenvolvemento, e a produción de 31 novos espectáculos escénicos.