Notas de prensa

O CDG crea o grupo de escrita teatral Dramaturxa con Manuel Lourenzo

Abre ata o 22 de xaneiro o prazo de solicitude cara á selección dos 10 autores e autoras desta primeira edición da iniciativa, que xurde ao abeiro do programa de apoio á dramaturxia galega contemporánea ‘Dramaturxente’. De entre as obras resultantes, elixiranse tres para ser levadas a escena conxuntamente como nova produción propia do CDG.

O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de abrir o proceso de selección dos dez autores e autoras que formarán parte do primeiro Grupo DramaturXa, baixo a coordinación do escritor e director escénico Manuel Lourenzo. Esta nova iniciativa xurde ao abeiro do programa Dramaturxente de apoio, fomento e promoción da autoría teatral galega contemporánea, que a compañía pública mantén en colaboración coa Asociación Galega de Dramaturxia DramaturGA.

Este grupo de traballo reunirase periodicamente durante seis meses, a partir de primeiros de febreiro, co fin de reflexionar sobre a identidade galega e de que cada un dos seus integrantes desenvolva unha peza teatral ao respecto. De entre as dez obras resultantes, seleccionaranse tres para ser levadas a escena conxuntamente como parte dunha nova produción propia do CDG.

Autor referente

A coordinación e asesoramento correrá a cargo de Manuel Lourenzo, un dos principais referentes da nosa dramaturxia actual. Desde os seus inicios no mundo escénico, o seu obxectivo foi a creación dun teatro galego contemporáneo que non ignorase as súas raíces históricas nin estéticas. Neste sentido, fundou e impulsou compañías como O Facho, Escola Dramática Galega ou Casahamlet, ademais de contar cunha prolífica traxectoria no ámbito da escrita teatral, recoñecida con importantes galardóns como o Rafael Dieste, Premio da Cultura Galega, Otero Pedrayo, Ãlvaro Cunqueiro ou Premio Nacional de Literatura Dramática.

Os autores e autoras interesados en participar neste grupo de traballo teñen de prazo ata o 22 de xaneiro para enviar as súas solicitudes ao Centro Dramático Galego seguindo as instrucións que se indican no web www.centrodramatico.gal. Xunto co formulario, deberán achegar o seu currículo actualizado e dous fragmentos de textos teatrais da súa autoría para seren valorados pola comisión de selección.

Dentro do mesmo programa Dramaturxente, o CDG porá en marcha este ano outras tres novas iniciativas para lle dar unha maior visibilidade ao traballo que se está a desenvolver actualmente neste ámbito. Así, Teatrhoxe será a denominación dun apartado específico na nova web do Centro Dramático Galego, onde cada tres meses se publicará unha reflexión escénica ou pequena peza teatral de autoría galega, mentres que Lanzadeira porase a disposición dos creadores, a través dunha convocatoria pública, para presentar ou facer unha lectura dun fragmento das súas obras inéditas. Ademais, un dos talleres formativos desta temporada estará orientado especificamente á escrita teatral.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2018-01-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (festa-filloa-lestedo.jpg) A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Foto de la tercera plana (portugal_galicia.jpg) Baixo o título 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na Lusofonía', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vínculo entre Galicia e os países lusófonos para promover o debate, a crítica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüístico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artístico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.

Notas

Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na Vía Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de países como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane que marcaría unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegaría a recuperación de Sargadelos, así como unha serie de iniciativas para desposuír do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES