O BNG inicia en Galicia unha ofensiva contra o saqueo das peaxes da AP-9
A voceira nacionalista Ana Pontón cualifica de “tomadura de pelo” que Rajoy veña a inaugurar unha ponte que “pagarán todos os galegos e galegas a través de peaxes abusivas” e pide que se cancele o acto de inauguración.Pontón cualificou esta suba de “agravio a Galiza” e o BNG, recalcou, defenderá unha autoestrada “pública”.
No acto celebrado en Pontevedra ao que asistiron un grande número de cargos electos dos concellos afectados pola AP-9 e cargos institucionais do BNG, a portavoz nacional Ana Pontón criticou que Núñez Feijóo e o Partido popular en Galiza segan defendendo os “intereses de AUDASA e de Rajoy” como demostraron, dixo, na última sesión plenaria ao votar en contra da proposta para reclamar a paralización da suba das peaxes. Anunciou a presentación de mocións nos concellos e iniciativas parlamentarias na senda de seguir reclamando “a transferencia da infraestrutura e a supresión progresiva das peaxes”.
A nacionalista lembrou que son moitos os sectores económicos afectados polas peaxes pero tamén de maneira individual dos usuarios e usuarias polo que non descartou outro tipo de protestas e presión social “mancomunada con diferentes ámbitos económicos, sociais, polÃticos e sindicais”. Non podemos ser a “muleta que precisa Rajoy para impoñer o abuso e a nova suba peaxes” e que representan “o dobre da media do Estado.
A dirixente do BNG avogou por: “paralizar as peaxes, levantar o veto á transferencia e iniciar as acción necesarias para rescatar a AP-9 para que volva a ser pública”, porque serÃa a mellor maneira de frear “esta estafa”.
Por outra parte, lembrou que foi un goberno de Aznar quen decidiu ampliar a concesión até 2048 e vendela a prezo de saldo por 1.500 millóns de euros. “ 1500 millóns dos que non vimos nin un só euro en Galiza”.
Os galegos e galegas tamén temos que saber que desde que Rajoy é presidente as peaxes na AP-9 subiron un 36%, “catro veces máis que IPC” mentres Rajoy nos sube as peaxes da AP-9 un 4%, “rebáixalle os impostos a Audasa un 5%”. Isto significa que nos dous últimos anos, “Rajoy e Feijóo ,perdoáronlle 4 millóns de euros en impostos á concesionaria”.
A preguntas dos xornalistas sobre a visita de Mariano Rajoy a Galiza, o vindeiro sábado, para inaugurar a ampliación da ponte de Rande, a portavoz do BNG cualificou o feito de “tomadura de pelo”. Esa ampliación, insistiu Pontón, non a pagará nin Ana Pastor, nin Rajoy nin Feijóo. “Pagarémola todos e todas as galegas coas peaxes a AUDASA e por respecto a todos os usuarios e usuarias da AP-9, o PP deberÃa cancelar esa inauguración”. No caso de inaugurala, que o fagan as persoas que a van pagar que somos todos os galegos e galegas a través das peaxes, concluÃu a portavoz do BNG.
Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-12-27
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.