Caballero anuncia unha axenda de traballo a pé de país para presentar a alternativa socialista galega
O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Gonzalo Caballero, perfilou unha axenda de traballo intensa para presentar un proxecto galego e galeguista dende a esquerda. Os socialistas galegos, explicou, iniciarán unha folla de ruta a pé de país con xuntanzas itinerantes da dirección dirixidas a intensificar a súa presenza nos concellos.
A partir do mes de xaneiro, e co horizonte das próximas eleccións municipais, o líder dos socialistas galegos visitará tódalas comarcas e os principais concellos galegos para intensificar o contacto coa cidadanía e percorrer o país dende abaixo. Así o explicou logo dunha xuntanza na que asignaron as secretarías executivas ás diversas áreas de traballo para asumir novas tarefas dentro da organización.
Explicou que os socialistas galegos están a desenvolver unha axenda a curto, medio e longo prazo sen presa pero sen pausa dirixida a recuperar o apoio electoral e situarse enfronte e como alternativa ao PP.
Xornadas
Gonzalo Caballero anunciou ademais a xornada de traballo que terá lugar o próximo venres organizada en colaboración co Grupo Parlamentario na que, desta volta, os socialistas galegos convocarán un debate de ideas para acadar un novo modelo de financiamento autonómico que responda ás necesidades e particularidades do país.
Logo do encontro celebrado hai dúas semanas, no que fixeron unha análise da catástrofe do Prestige con motivo dos 15 anos do accidente, desta volta perfilarán unha proposta de modelo de financiamento suficiente, xusto e solidario para Galicia.
O líder dos socialistas galegos adiantou o calendario previsto para celebrar unha serie de xornadas de traballo nas próximas datas, nas que tratarán asuntos como o cambio climático, as políticas forestais ou a xestión do medio rural.
Gabinete de Comunicación do PSdeG, 2017-12-12
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mítica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a Bauhaus galega polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de países en Europa e América. En palabras de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vías de encontro coa cidadanía, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de Química será entre os días 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e Nanotecnoloxía Analítica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, Espectroscopía e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e Tecnoloxías (Bio) Analíticas da Real Sociedade Española de Química (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso país. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.