Notas de prensa

O Parlamento de Galicia edita unha escolma dos discursos de Carlos Casares

O 19 de decembro de 1981 constituíase no pazo de Xelmírez o Parlamento de Galicia. Formaban parte desta primeira lexislatura 71 deputados, entre eles o escritor e académico Carlos Casares. A piques de se cumpriren os 36 anos daquela data, a Cámara autonómica acolleu a presentación dun libro que recolle unha escolma das súas intervencións como parlamentario galego.

Son en total oito discursos que constitúen "unha achega interesante á primeira fase do proceso de desenvolvemento da política lingüística na Galicia autónoma", salienta o académico Henrique Monteagudo, encargado da edición do volume publicado polo Parlamento.

Presentación do libro Carlos Casares no Parlamento de Galicia. Na mesa, pola esquerda, o ex-deputado Miguel Barros, o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, o fillo do escritor e membro da Fundación Carlos Casares Håkan Casares, e o académico e editor do libro, Henrique Monteagudo. Fonte: Parlamento de Galicia

Carlos Casares no Parlamento de Galicia foi presentado este mediodía no Hórreo nun acto no que o presidente da institución, Miguel Santalices, estivo acompañado polo presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes, e Henrique Monteagudo. "Para o Parlamento de Galicia é unha honra que a festa das letras deste ano teña como protagonista un ex-deputado autonómico, e desde a Cámara queremos sumarnos á celebración coa edición dunha recompilación das principais intervencións parlamentarias de Carlos Casares, as pronunciadas no Pleno", explica no prólogo Miguel Santalices.

As oito intervencións de Carlos Casares como deputado independente integrado no grupo parlamentario socialista producíronse entre xullo de 1982 e abril de 1985 e teñen que ver, entre outras cuestións, coa Lei de normalización lingüística aprobada en 1983.

Real Academia Galega (RAG), 2017-12-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES