Notas de prensa

O PSdeG denuncia que o PPdeG aproba en solitario unha nova lei de portos desfasada e decepcionante

Ademáis, o PSdeG considera que a nova normativa invade competencias locais e advirte de que esta cláusula supón “un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas”. Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”.

A portavoz de Portos do Grupo Socialista, Loli Toja, criticou a Lei de Portos por “estar desfasada, garantir a opacidade, dar barra libre ás concesións administrativas e invadir competencias municipais”. Así o dixo no debate final no Parlamento, desta norma presentada polo Goberno e aprobada unicamente co voto a favor do PP e a oposición dos socialistas galegos.

Sinalou que con esta norma “pretenden crear reinos independentes dentro dos concellos”, ao permitir a reasignación de usos dos terreos portuarios, obrigando aos gobernos locais a incorporalo aos seus plans urbanísticos no prazo dun ano. Advertiu de que esta cláusula supón “un paso máis na estratexia de recentralizar as competencias municipais na administración autonómica negando máis recursos para cumprir coas novas obrigas”.

A responsable socialista criticou que o PP teña abordado o debate parlamentario desta norma como “un monólogo sen opcións para a oposición”, a quen “simplemente informaron das emendas aceptadas e as que tiñan opción á transacción, malia que a día de hoxe descoñecemos os seus argumentos”. O resultado foi que das 150 emendas presentadas polos socialistas só foron aceptadas 18 e transaccionada 1.

Sinalou que grazas a esta emenda socialista, Portos realizará un informe anual no que sinale os contratos realizados e, puntualizou, “agardamos que, agora que o aceptaron, que o cumpran” para dotarlo de maior transparencia. Reivindicou un “exercicio de transparencia” do goberno galego en Portos de Galicia, por canto “de 8,8 millóns de euros de contratación, unicamente 2,1 corresponden a obras licitadas a través de concursos, o 24 por cento.

Toja explicou que este balance resulta “insuficiente” para acadar o apoio dos socialistas galegos a esta Lei, xa que “non aceptaron ningunha proposta de calado para mudar o noso voto”. Sinalou que a Lei “renuncia a habilitar actuacións ou planificación para o sistema portuario, e mantén demasiadas incertezas ou sospeitas que non se clarifican”.

Criticou que a Lei estea “baseada nun modelo de portos como entidade pública empresarial, o que entre outras cousas permitirá crear un número indeterminado de empresas públicas portuarias".

Barra libre

Ademais, dixo, ofrece “barra libre para as concesións das empresas privadas”, xa que a Lei actual fixa o prazo en 30, pero a nova norma o amplía ata 50. Criticou que a regulación sexa “excesivamente xenerosa coa participación da iniciativa privada sen que se teña en conta a defensa dos intereses xerais”.

Resumiu que “estamos ante un Goberno que pon os intereses privados por riba dos públicos en canto ás concesións, á creación de empresas portuarias e ao modelo de xestión empresarial”.

Finalmente, advertiu que a proposta de Lei “non contempla a necesaria coordinación e participación das administracións locais, e incluso pode colisionar co principio de autonomía local”. Neste sentido explicou que “deixa ás administracións locais nun segundo plano, impoñendo consideracións urbanísticas peculiares, problemáticas e non pactadas, prexudicando ás administracións locais”.

Gabinete de Comunicación do PSdeG, 2017-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES