Notas de prensa

A xornada do CCG Bo uso e mal uso do mar analiza a relación das mulleres co medio mariño en Galicia

Comeza en Pontevedra a cuarta edición da xornada “Bo e mal uso do mar”, que pon o foco nas mulleres que se dedicaron aos oficios do mar, á investigación en ciencias mariñas e en educación para a sustentabilidade oceánica. A xornada, que conta con 200 inscritos, poderase seguir en directo desde o web da Universidade de Vigo.

Traballadoras da salga e da conserva, redeiras, mariscadoras, regateiras, poxadoras. Mulleres que fan investigación en ciencias mariñas pero tamén innovación educativa, sobre educación para a sustentabilidade oceánica, con perspectiva de xénero, necesaria para a formación de alumnas e alumnos de todos os niveis educativos, que se van enfrontar a retos planetarios nun futuro inmediato.

O programa

O programa científico comeza coa conferencia "As mulleres e o traballo do mar en terra firme", a cargo da directora do Museo Massó de Bueu, Covadonga López de Prado Nistal.
Na Casa das Campás, terá lugar o panel que aborda o "Papel das mulleres en empresas, asociacións e investigación para o desenvolvemento económico e a sustentabilidade dos recursos mariños". Nel, Ana García Cabado, da área de I+D+i –División de seguridade alimentaria de ANFACO-CECOPESCA, falará da “Interacción entre empresas e centros de investigación para a sustentabilidade dos recursos mariños”. Deseguido, a coordinadora da Ãrea de Socioeconomía da Pesca de CETMAR, Rosa Chapela Pérez, analizará do papel das mulleres no desenvolvemento socioeconómico das comunidades litorais. Por último, Sandra Amézaga Menéndez, da secretaria da Asociación de Mulleres do Mar de Arousa, pechará as intervencións cunha conferencia titulada “Redes e asociacionismo de mulleres profesionais e empresarias no sector pesqueiro”. Ademais das conferencias, no marco do programa está previsto a inauguración dunha exposición que afonda sobre a materia da xornada.

A iniciativa

A xornada “Bo uso e mal uso do mar” está encamiñada a darlle competencias ao futuro profesorado de Educación Infantil e Primaria para que realice accións co seu alumnado orientadas a mellorar a relación que a cidadanía ten cos océanos. As xornadas arrincaron en 2014 baixo a dinámica de conferencias e obradoiros de traballo e durante estes anos analizaron temas como a relación da cidadanía cos mares, a contaminación das rías galegas ou a xestión de recursos desde unha perspectiva de xénero.

A sección de Ciencia, Natureza e Sociedade

A organización desta xornada de carácter didáctico entronca cunha liña de traballo recoñecida da Sección de Ciencia, Natureza e Sociedade encamiñada a elaborar materiais e recursos didácticos en ámbitos da natureza. Dentro desa liña de traballo encádrase o proxecto Ãlbum da Ciencia, unha completa base de datos con biografías de científicos e científicas galegas, así como a publicacións de varias bandas deseñadas como O sabor das mazás, De quen é o solo ou De quen é a auga, editadas polo Consello da Cultura Galega. Esta sección está coordinada polo profesor Francisco Díaz-Fierros.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2017-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES