Notas de prensa

Amigos da Ópera de Santiago reúne en escena nunha produción operística a Cándido Pazó e o Taller Atlántico Contemporáneo

"Il segreto di Susanna" estréase o 16 de decembro no Teatro Principal de Compostela. A dirección escénica recae en Pazó. Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio do noroeste italiano de Piamonte.

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) estrea o 16 de decembro ás 20.00 horas no Teatro Principal de Santiago a súa segunda produción operística: Il segreto di Susanna (O segredo de Susana). A montaxe reunirá en escena ao Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), ao actor e dramaturgo Cándido Pazó, á soprano moldava Clara Jelihovschi Panas e ao barítono Javier Franco. A peza conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Deputación da Coruña, como tamén coa colaboración do Concello de Santiago e a Universidade de Santiago, a través da súa Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social. As entradas xa están á venda e pódense adquirir a 10 euros a través da billeteira do propio Teatro ou mediante o web de entradas de Abanca.

Deste xeito, Amigos da Ópera de Santiago dálle continuidade á liña de produción que a entidade abriu o ano pasado coa ópera Brundibar e que continúa neste 2017 con Il segreto di Susanna, peza cuxo libreto pertence a Enrico Golisciani mentres que a música está composta por Ermanno Wolf-Ferrari.

Amigos da Ópera volve confiarlle a dirección artística a Cándido Pazó, quen –ademais de interpretar un dos papeis da obra– traballará con dous dos seus colaboradores habituais no ámbito escénico: o recoñecido escenógrafo Carlos Alonso e o reputado iluminador Afonso Castro. O apartado musical correrá a cargo do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC) que, baixo a dirección musical de Diego García, encargarase da música que acompañará as voces dos xas citados Javier Franco e Clara Jelilohvschi Panas. Os intérpretes que conforman o TAC para esta produción son: James Dahlgren (violín), Nazaret Canosa (violín), Ioana Ciobotaru (viola), Millán Abeledo (violoncello), Alfonso Morán (contrabaixo) e Nicasio Gradaílle (piano).

Il segreto di Susanna é unha ópera cómica nun acto. Un tour de force dun pequeno segredo que vai medrando á par que a inseguridade e a desconfianza de Gil, o marido de Susana; un matrimonio novo que reside no noroeste italiano de Piamonte. A moza omitiu comentarlle ao seu recente esposo que tiña o hábito de fumar ás agochadas. Gil, pola súa parte, decátase do cheiro e pensa que a súa esposa élle infiel. Inquedo, trata de pescala in fraganti desenvolvendo case unha escena de vodevil na que o seu mordomo, Sante, cómplice de Susana, xogará un papel fundamental. A peza, polo tanto, xira ao redor da intimidade, os segredos, o vicio e os celos, aínda que abordados de xeito inxenuo e sinxelo.

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela (ADOC) constitúe unha entidade sen ánimo de lucro que actúa en Santiago de Compostela e no seu ámbito comarcal. As súas finalidades son o cultivo e o fomento da ópera e de todas aquelas actividades, incluídas as pedagóxicas, que poidan levar a unha expansión e un maior coñecemento da mesma.

Para desenvolver estes obxectivos, a ADOC adoita organizar as seguintes actividades: representacións de ópera, concertos, conferencias, cursos, exposicións, proxeccións e todas aquelas que podan estar relacionadas cos obxectivos da Asociación. Dende a súa creación en 2012, a Amigos da Ópera de Santiago de Compostela foi gañando repercusión e presenza grazas ás diferentes actividades que está a desenvolver, principalmente a organización do Ciclo Lied de Santiago ou a produción de óperas como Brundibár.

Alberto Ramos (Servicio de Comunicación da Asociación de Amigos de la Ópera de Santiago de Compostela A.D.O.C.), 2017-11-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (pedro_duque_ninos.jpg) El astronauta Pedro Duque ha estado en Santiago de Compostela para participar en la inauguración de la jornada educativa Stemlab Galicia, en la que cerca de 3.000 alumnos de 18 centros educativos han mostrado y compartido sus creaciones relacionadas con ciencia y tecnología. Galicia entrará en la red de oficinas de educación de la Agencia Espacial Europea para fomentar las vocaciones científicas juveniles.
Foto de la tercera plana (yotubeiros.jpg) Youtubeir@s es una iniciativa organizada por los servicios de normalización lingüística de los ayuntamientos de la Baña, Ames, Carballo, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago, Teo y O Grove, las universidades de A Coruña, Santiago y Vigo y la Diputación de A Coruña. O Teatro Colón da Coruña acolleu a gala de entrega dos Premios Youtubeir@s conducida pola compañía teatral A Panadaría.

Notas

O presidente da Xunta acompañou á S.M. a raíña Dona Sofía ao acto de celebración do centenario da Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos. Afirma que a entidade dunha nación ou comunidade non só se mide por magnitudes económicas, senón sobre todo polo que se podería denominar produto interior de solidariedade.
A Xunta canaliza a súa achega a esta mostra internacional de documentais a través da convocatoria de subvencións a festivais audiovisuais. O programa deste ano estende a súa duración a seis días, do 26 de abril ao 1 de maio, ademais de aumentar o número de actividades e os filmes de estrea, entre outras novidades.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania