Galicia afonda en México na internacionalización da universidade e participa na Feira do Libro de Guadalajara
O conselleiro de Cultura e Educación asinará un Memorando de Entendemento coa Asociación Nacional de Universidades e Institucións de Educación Superior mexicana (ANUIES). Reunirase con persoeiros do mundo educativo e cultural de América Latina. Asà mesmo, apoiará a presenza de editores e autores galegos nun dos meirandes encontros editoriais do mundo.
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román RodrÃguez, inicia unha visita institucional a México co obxectivo de afondar na internacionalización do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e de apoiar a presenza de editores e escritores galegos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara.
Neste sentido, e acompañado dos reitores das tres universidades galegas, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia asinará co secretario xeral executivo da Asociación Nacional de Universidades e Instituciones de Educación Superior de México (ANUIES), Jaime Valls Esponda, o Memorando de Entendemento para a colaboración na realización de actividades académicas, cientÃficas e culturais entre a ANUIES e o SUG.
O acto enmárcase na Conferencia Anual da ANUIES, que se celebra na Universidade de Guadalajara ata o 24 de novembro, en cuxo contexto Román RodrÃguez tamén se reunirá con persoeiros do mundo educativo e cultural de América Latina.
FIL de Guadalajara
Xa o sábado 25, o conselleiro participará na inauguración da Feria Internacional del Libro (FIL) de Guadalajara, que se desenvolverá ata o 3 de decembro. O encontro, fundado hai 31 anos pola Universidade de Guadalajara, é a reunión editorial máis importante de Iberoamérica.
Autores, axentes literarios, bibliotecarios, libreiros e máis de 2.000 editoriais de preto de 50 paÃses participan cada ano nesta feira, que acada unha cifra de 800.000 visitantes. Ademais da caseta de Galicia, a ConsellerÃa apoia a presenza de catro autores galegos (Paula Carballeira, Federico Fernández, Mariluz Ferreiro e MarÃa Canosa) na FIL, a través de encontros con lectores, sinaturas de libros, conferencias, contacontos, presentacións etc. Asemade, participan na feira, apoiados tamén pola Xunta, as editoriais Nova Galicia Edicións e Kalandraka.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-11-23
Actualidad
A SecretarÃa de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese TurÃstico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase asà ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a RomarÃa de Nosa Señora da Barca (MuxÃa), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de VerÃn. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (VilagarcÃa de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o tÃtulo 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na LusofonÃa', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vÃnculo entre Galicia e os paÃses lusófonos para promover o debate, a crÃtica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüÃstico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artÃstico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na VÃa Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de paÃses como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac DÃaz Pardo e Luis Seoane que marcarÃa unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegarÃa a recuperación de Sargadelos, asà como unha serie de iniciativas para desposuÃr do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.