Notas de prensa

Marilar Aleixandre gaña o XI Premio Raíña Lupa coa novela A filla do Minotauro

Marilar Aleixandre é a gañadora do premio Raíña Lupa na súa úndecima edición. A escritora e académica de número fíxose con este galardón convocado pola área de Cultura da Deputación da Coruña coa novela A filla do minotauro, coa que se converte na primeira muller en ser recoñecida neste certame de literatura infantil e xuvenil.

A obra, destaca o xurado, é "unha relectura moi actual da mitoloxía grega cunha gran sensibilidade co patrimonio cultural". A filla do minotauro conta unha historia de aventuras sobre unha organización clandestina creada para salvar obras de arte. A través dela pódense facer "moitos niveis de lectura", expresa o xurado, que destaca a "calidade literaria da obra" premiada nunha convocatoria cun "alto nivel" á que concorreron 48 títulos, case o dobre que o ano pasado.

O premio, ademais da dotación económica, implica publicación desta nova novela de Marilar Aleixandre. O outro texto finalista, arredor do acoso escolar, é Como bágoas de dragón de Andrea Maceiras, cuxa publicación recomenda o xurado.

Nas edicións anteriores gañaron o premio Raíña Lupa Héctor Cajaraville, Xesús Fraga, Marcos Calveiro, Carlos López, Antonio Yáñez, Breogán Riveiro, Xosé A. Neira Cruz, Antonio Reigosa, Mario Pereira e Agustín Fernández Paz.

Real Academia Galega (RAG), 2017-11-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na Unión Europea. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, actúa como anfitrioa nos eventos deste 2024. Na xornada, que se estenderá ata a tarde,trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes, pero tamén se poñerán sobre a mesa novas propostas e medidas para continuar no camiño da promoción da diversidade lingüística en Europa.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES