Notas de prensa

O BNG critica o apoio do PP ao Cupo vasco e denuncia que Feijóo vete este sistema de financiamento para Galicia

O BNG demanda para Galiza un novo modelo de financiamento e propón un concerto económico similar ao que ten o País Vasco, cuxa actualización do seu sistema de cupo para o quinquenio 2017-2020 conta co apoio e os votos favorables do PP no Congreso: “O PP apoia en Madrid o cupo vasco, pero ese mesmo PP impide un cupo galego".

Por contra, Feijóo e o PP vetan que Galiza poda ter un modelo similar que acabaría coa discriminación financeira que soporta este país, que lle fai perder uns 3.500 millóns de euros anuais.

“O PP apoia en Madrid o cupo vasco, pero ese mesmo PP impide un cupo galego, unha nova evidencia da posición de subordinación de Feijóo incapaz de reclamar para Galiza o mesmo que o seu partido apoia cando se trata de Euskadi”, denunciou a portavoz nacional, Ana Pontón.

O Bloque considera inaudito que en plena negociación de cara un novo modelo de financiamento territorial, “a Xunta sega desaparecida” e non teña presentado no Parlamento documentación algunha da súa proposta ante este debate, nin sequera trasladou as alegacións ao informe dos expertos entregado o pasado mes de xullo. Por contra, gobernos doutros territorios están a ter unha posición activa de defensa dos seus intereses reclamando un sistema de financiamento acorde ás súas necesidades.

A proposta do BNG pasa por dotar Galiza dun concerto económico que outorgue ao Goberno galego plenas competencias en materia fiscal e financeira, incluíndo unha facenda e unha banca galegas.

“Queremos que a chave dos nosos recursos estea en mans dos e das galegas, e non de Montoro”, recalcou Pontón, “a xestión íntegra de todos os ingresos para decidir as prioridades de gasto e de investimento en función do que lle conveña a Galiza e non ao Goberno central de turno”. Recadar e administrar o 100% dos recursos, e despois “facer contas co Estado” para aportar a parte que corresponda en materia de servizos comúns e solidariedade.

A formación nacionalista reclama da Xunta que remita canto antes ao Parlamento a súa proposta de cara a conseguir un novo modelo de financiamento para Galiza, que evite a perda de 3.500 millóns de euros anuais e a fuga de 15.000 millóns de euros do aforro galego, así como unha fiscalidade xusta na que pague máis, quen máis ten.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-11-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES