Notas de prensa

Alberto Ramos gaña o XVII premio Risco de Creación Literaria con A simetría das bestas

Alberto Ramos, xornalista compostelán, xa gañara o Premio Risco en 2012 coa súa obra “Todos os días”. Na edición deste ano, gañou por maioría cunha obra de corte filosófico, onde concede un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados. A obra gañadora levará 6.000 euros e a publicación de 150 exemplares do libro.

O Concello de Ourense e a Fundación Vicente Risco veñen de outorgarlle o Premio 'Risco' de Creación Literaria a Alberto Ramos, pola súa obra 'A simetría das bestas'. O premio para a obra gañadora é de 6.000 euros en metálico ademais da publicación de 150 exemplares.

O xurado, reunido no Liceo, deliberou entre as 16 obras presentadas, estivo composto por: Belén Iglesias Cortés, concelleira de Cultura, exercendo como presidenta; David González Domínguez, vogal (representando á editorial Urco); Benigno Yáñez Pérez, vogal (gañador da edición anterior); Constantino Pazos Sobrino, vogal (profesor de Ensino Secundario); Antonio González Blanco, vogal (profesor de Ensino Secundario); Ãnxela Gracián ,vogal (escritora e crítica literaria); e Mónica Fernández Valencia, técnica do Servizo de Normalización Lingüística, actuando como secretaria.

Alberto Ramos, xornalista compostelán, xa gañara o Premio Risco en 2012 coa súa obra “Todos os días”. Na edición deste ano, gañou por maioría cunha obra de corte filosófico, onde concede un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados. O xurado destaca o seu simbolismo e moi bo manexo dos recursos narrativos, así como personaxes moi ben construídas dadas esas discusións filosóficas.

O concurso, que cumpre a súa décimo sétima edición, homenaxea un dos referentes da Xeración Nós, don Vicente Martínez-Risco,e tamén o seu fillo, Antón Martínez-Risco Fernández, ambos veciños de Ourense, e ten no seu palmarés nomes coma os de Xosé Carlos Caneiro, Xosé Luís Martínez Pereiro, Hixinio Puentes ou Xosé Vázquez Pintor.

Fotografía: Galipedia.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ourense, 2017-11-17

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES