Notas de prensa

En Marea cualifica os orzamentos de 2018 de restrititivos, antisociais e decepcionantes

“Ourense volve quedar á cola nos Orzamentos da Xunta para 2018”. Manifestouse o rexeitamento de En Marea ás contas da Xunta que volven deixar a provincia e a cidade de Ourense como a máis castigada polas contas do goberno galego en áreas fundamentais coma a Sanidade, a Xustiza ou as Infraestruturas.

Na rolda de prensa conxunta entre os deputados de En Marea pola provincia de Ourense e Ourense en Común, a concelleira Ledicia Piñeiro lembrou que viven na única cidade galega cos orzamentos prorrogados dende 2014, “polo que os únicos orzamentos que podemos ter de referencia son os da Xunta para a cidade”. Tamén considerou insuficientes os 300 mil euros que destina a Xunta en 2018 para a construción do CAPD, “unha reivindicación cidadá histórica pero tamén unha promesa electoral do PP para gañar as eleccións á Xunta”.

O centro de saúde do Vinteún e a Casa de Acollida para Mulleres foron outras das reivindicacións de Ourense en Común, que lle pediu ao Concello e á Xunta “que deixen de pasarse a pelota”. “É inaceptable que esta cidade non con conte con esta infraestrutura, unha necesidade de primeira magnitude para mulleres que sofren situacións de violencia ou que son vítimas de trata”.

A deputada Ãnxeles Cuña, que defendeu o traballo interinstitucional entre os representantes locais e autonómicos, denunciou que se a Xunta cualifica estes orzamentos de expansivos, “para Ourense son restritivos, antisociais e decepcionantes”. E defendeu esta tese con “datos obxectivos”, pois Ourense é a provincia que menos investimento recibe en capítulos fundamentais coma o SERGAS (só o 5% do total de Galicia), xustiza (8%), o Instituto Galego de Vivenda e Solo (8%) ou a Axencia Galega de Infraestruturas (16%). Noutras áreas fundamentais coma Educación, só recibe o 14% do investimento global.

Ademais, Cuña lembrou que os orzamentos da Xunta se esquecen totalmente do emprego nunha provincia que acapara máis da metade do paro de toda Galicia e onde moitas economías familiares viven dos pensionistas, que tamén se atopan entre os que perceben as pensións máis baixas de todo o Estado.

Pola súa banda, Davide Rodríguez destacou que Ourense é a cidade que menos investimento real leva de todo o país, 13 millóns de euros “fronte aos 80 que leva Vigo” e apuntou que 5M€ van para o enlace de San Cibrao das Viñas coa A52, “que leva orzado máis de cinco anos sen executar e que conta coa oposición dunha plataforma cidadá e mesmo do sector dos transportistas”.

E, segundo Rodríguez, o Goberno de Feijóo volve esquecerse da que debería ser a súa principal preocupación na provincia de Ourense, a fixación de poboación”. “Non hai medidas para frear o despoboamento rural, con estas contas seguiremos pechando escolas e veremos reducida aínda máis a calidade da nosa sanidade e mobilidade”, denunciou, “ademais de non verse beneficiada malia ser a provincia cos máis graves problemas medioambientais e ecolóxicos”.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2017-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES