Notas de prensa

O 30 e 31 de outubro trátase no CDG un enfoque comparado de dous finisterrae europeos: Galicia-Bretaña

Os fisterres europeus teñen entre si unha parentela que é algo máis que xeográfica. Acontece con Irlanda ou Escocia, pero tamén con Bretaña. Según os estudos, unha inmigración de orixe bretona instalouse na alta idade media nas rexións setentrionais de Galicia e unha constante relación por mar foi mantida entre os portos galegos e os bretóns.

Alén destas relacións, un fondo etnocultural une a estes dous fisterres, desde o celtismo ou a relixiosidade, ata monumentos como as pedras fitas e os cruceiros de pedra ou “calvarios”.

Autores bretóns como Chateaubriand ou E. Renan foron leituras de cabeceira para intelectuais da xeración Nós e a Bretaña viaxaron, física ou literariamente, figuras como Alfonso D. Castelao ou Ramón Otero Pedrayo. A “materia de Bretaña” inspirou a moitos escritores galegos e un narrador e poeta como Ãlvaro Cunqueiro situou en terras bretonas as andanzas do sochantre de Pontivy, antes de visitar persoalmente os lugares creados no seu maxín literario. Logo da literatura veu a música como correa de transmisión das culturas galega e bretona, con constantes presenzas en festivais organizados en ambas terras. Agora chega a hora da reflexión e da investigación.

Sobre este fondo común, e proseguindo iniciativas do Consello da Cultura Galega como os congresos sobre Galicia-Irlanda ou Galicia-Finlandia, este ano organizamos un congreso Galicia-Bretaña, con un enfoque comparado, que aspiramos a que marque unha axenda de colaboracións permanentes. Para este congreso, contamos coa colaboración da Université de Rennes-2 e coa presenza entre nós de distinguidos investigadores de varias universidades bretonas, que se verán acompañados por unha nutrida nómina de expertos galegos procedentes tamén de varias universidades.

Consello da Cultura Galega (CCG), 2017-10-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES