Notas de prensa

Chus Pato gaña o Premio Mondoñedo 10 co libro de poesía Hordas de escritura

Hordas de escritura (Xerais, 2008) é o mellor libro de poesía da década. Así o considera o veredicto do Premio Mondoñedo 10 deste ano, que lle se entrega o domingo 22 de outubro á académica de número Chus Pato. O Premio Mondoñedo 10 foi creado en 2016 para recoñecer cada 10 anos o mellor traballo nunha modalidade creativa.

O xurado recoñece a importancia dunha obra "con vocación experimental" na que a poeta "intenta artellar un discurso de colectividade na liña da poesía moderna escapando do suxeito lírico individual". Salienta tamén o xurado a vontade de Hordas de escritura de "superar os límites da linguaxe poética convencional, transgredindo os xénero literarios" e considera este título "un paso adiante no proxecto de indagación das posibilidades da linguaxe poética que a autora desenvolve".

O Premio Mondoñedo 10 foi creado en 2016 para recoñecer cada ano, en ciclos de dez, o mellor traballo nunha modalidade creativa. Na primeira edición, dedicada á narrativa, a obra gañadora foi Os libros arden mal do tamén académico Manuel Rivas. Nesta ocasión foi a quenda da modalidade de poesía, na que Chus Pato tamén foi finalista con outro título, Carne de Leviatán (Galaxia 2013).

Os membros do xurado seleccionaron outros once títulos finalistas: Atravesar o fantasma de Carlos Callón (Xerais, 2014), Celebración (Apiario, 2014) de Gonzalo Hermo, Cráter (Toxosoutos, 2011) de Olga Novo, Duración da penumbra (Centro PEN Galicia, Xunta de Galicia, Afundación, 2016) de Miguel Anxo Fernán Vello, Estirpe de sombras (Editorial Barbantesa, 2014) de Raida Rodríguez Mosquera, Estúrdiga materia (Galaxia, 2008) de Luís González Tosar, Eu violei o lobo feroz (Através Editora, 2013) de Teresa Moure, Leopardo son (Espiral Maior, 2011) de Pilar Pallarés, Os ángulos da brasa (Kalandraka, 2011) de Manuel Ãlvarez Torneiro, Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007) de Yolanda Castaño e Sextinario: trinta e seis +tres (Sotelo Blanco, 2007) de Marica Campo.

Real Academia Galega (RAG), 2017-10-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES