Notas de prensa

As terceiras xornadas de novas narrativas revisarán os conceptos de adaptación e intermedialidade

As terceiras xornadas de novas narrativas celebraranse o xoves 19 e o venres 20 de outubro no Centro de Estudos Avanzados e na Casa de Europa da USC. A finalidade é ofrecer unha visión ampla do fenómeno transmedia e das novas narrativas que xorden arredor dos conceptos clásicos de adaptación e intermedialidade.

A primeira das sesións, centrada nos novos formatos en videoxogos, cine e literatura, terá un carácter máis práctico e orientado a un publico xeral. Comezará cunha mesa coloquio ás 10.00 horas dedicada a videoxogos e realidade virtual que reunirá a Luis Navarrete Cardero, Mónica Barrientos Bueno, Francisco Javier Martín Collado e Olmo Castrillo Cano, moderados por Antonio J. Gil González. A partir das 12.30 horas está programada unha segunda mesa dedicada a cinema, interacción e transmedia na que intervirán Raúl Díez, David Refoyo e Andrés Rozados moderados por Patricia Val Antelo.

A sesión do venres 20 abordará aspectos teóricos e de fixación de terminoloxía e incluirá unha sesión ás 12.00 horas sobre realidade virtual aberta á experimentación de quen asista. Ademais as distintas mesas poderán visionarse posteriormente en streaming en USC TV.

Estas xornadas científicas están organizadas polo grupo de investigación ‘Intermedialidade, adaptación e transmedialidade no cómic, o videoxogo e os novos medios’ en colaboración co proxecto ‘ Transescritura, transmedialidade, transficcionalidade: Relacións contemporáneas entre literatura, cine e novos medios, II’ da Universidade de Salamanca e co Grupo de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-10-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (Frisia_SemanaGal_Cadrada.jpg) A cidade de Leeuwarden, Frisia (Holanda), Capital da Cultura Europea de 2018, acollerá a semana do galego cun amplo programa de actividades. Grazas a Afûk (a institución que promove a lingua e cultura frisia), á Mesa pola Normalización Lingüística e á Fundación Vía Galego coa colaboración da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Concello de Pontevedra desde o 22 ao 29 de xullo o galego será o protagonista do Pavillón das Linguas. O proxecto Pavillón das linguas (Lân fan Taal) consiste en amosar a diversidade lingüística europea e a existencia de nacións que teñen máis dun idioma, sendo a lingua o elemento máis característico que lle confire identidade propia a unha comunidade de falantes.
Foto de la tercera plana (resurrection.jpg) Máis de 81.000 persoas de 42 países abarrotaron a pasada semana o Concello de Viveiro co Resurrection Fest, xerando uns 2.000 empregos directos e indirectos, e sen ocasionar ningún tipo de incidente durante os catro días que durou a cita. Así o avanzou este mércores, na localidade mariñá, o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, xunto á Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Director do Festival, Iván Méndez Rodríguez. Santos Ramos apuntou que “un ano máis podemos cualificar de éxito rotundo o Resurrection Fest, pois durante catro días 81.350 persoas de 42 nacionalidades diferentes participaron no que xa é o festival de música metal e rock máis importante de España, e un dos máis relevantes de Europa".

Notas

Son 94 imaxes que recollen outras tantas instantáneas do ceo nocturno da man “dun grupo de soñadores que, sendo sensibles ao instinto ancestral de mirarmos cara ao ceo, se lanzaron á procura da noite a rescatar ese tesouro apagado polo malgasto de luz artificial”. Salvador Bará Viñas e Jorge Mira Pérez, profesores do Departamento de Física Aplicada da USC e coordinadores do libro, presentan nestas liñas aos nove fotógrafos e fotógrafas que achegan o seu punto de vista nesta obra editada pola USC.
A obra 'A vida salvaxe', de Gonzalo Hermo, é a gañadora da décimo sexta edición do Premio de Poesía Afundación, un certame que veñen convocando Afundación, o Centro PEN Galicia e a Consellería de Cultura e Educación co obxectivo de favorecer a creación literaria en galego. Licenciado en Filoloxía Galega e doutor en Lingüística pola Universidade de Santiago de Compostela, Gonzalo Hermo é autor dos poemarios 'Crac' e 'Celebración', polo que foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández no ano 2015 e co Premio da Crítica de poesía galega en 2014.
ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania