Notas de prensa

Rosa María Calaf e José Luis Rodríguez-Arias Palomo participan na Xornada Informa_Dor organizada polo CPXG e o COPG

Rosa María Calaf e José Luis Rodríguez-Arias Palomo participan na Xornada Información e Sufrimento Humano Informa_Dor que se celebra o martes 3 de outubro no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela a partir das 10:00 horas. Na xornada, organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, presentaranse tamén as Recomendacións profesionais sobre información e sufrimento humano redactadas polos dous órganos colexiais.

Trala inauguración a cargo de María Rosa Ãlvarez Prada, decana do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG), e Francisco González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a xornada acollerá presentación dos documentos elaborados polo grupo de traballo conxunto de ambos os dous colexios, con recomendacións para a cobertura de informacións sobre emerxencias, saúde mental, suicidio, violencia machista e menores. Estas recomendacións estarán disponíbeis en breve nas webs dos dous colexios e serán distribuirán polas redaccións dos medios de comunicación.

A partir das 11:30 terá lugar a mesa redonda Información e sufrimento humano, coa participación da xornalista Rosa María Calaf, premio José Couso de Liberdade de Prensa 2009, e o psicólogo José Luis Rodríguez-Arias Palomo. A mesa estará moderada por Xabier Macias Virgós, do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, e Rocio Lizcano González, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Esta actividade forma parte do traballo conxunto iniciado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia. Ambas as dúas institucións unen esforzos nunha iniciativa inspirada polo compromiso social, convencidos de que o compromiso ético das nosas intervencións profesionais é básico, especialmente cando tratamos con feitos ou procesos que colocan os seus e as súas protagonistas en situación de vulnerabilidade.

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), 2017-09-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES