Notas de prensa

Feira do Leste presenta os seus dous espectáculos no Salón Teatro durante a súa residencia no CDG

O escenario compostelán ofrece dúas funcións de ‘Exilio das moscas’ o xoves e o venres, e outras dúas de ‘Tras Tannhäuser’ o sábado 30 de setembro e o domingo 1 de outubro. Esta nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias traballa na sede do Centro Dramático Galego dentro do seu programa de residencias.

Os integrantes de Feira do Leste, nova compañía galega de teatro experimental e novas dramaturxias, traballan no Salón Teatro de Santiago dentro do programa de residencias do Centro Dramático Galego. A súa estadía na sede da compañía pública culminará coa representación dos seus dous espectáculos: Exilio das moscas, que poderá verse o xoves 28 e o venres 29, ás 20,30 h., e Tras Tannhäuser, que subirá a escena o sábado 30, ás 20,30 h,. e o domingo 1, ás 18,00 h.

Ernesto Is é o autor de ambas as propostas, dirixidas por César No. Sonsoles Cordón, Nerea Brey, Hugo Rodríguez e Germán Gundín interpretan a primeira delas, Exilio das moscas, que supuxo o debut da compañía en 2016. Trátase dun proxecto cunha clara dimensión performativa e posdramática, vinculado ao teatro físico e ás linguaxes escénicas e audiovisuais. Con el, Feira do Leste foi seleccionada para participar no VI Festival Vigo en Bruto, na SET (Semana das Escolas de Teatro) do Porto (Portugal) e no Festival de Teatro Universitario de Santiago, entre outros encontros.

Neste espectáculo, teas, maletas, fotografías en branco e negro, soldados de xoguete, roupas de época e outros elementos do imaxinario do exilio adquiren un novo sentido para levar ás táboas temas de absoluta actualidade, como as migracións, o feminismo, o racismo, os abusos de poder, a guerra, as raíces e a sátira política.

Seguindo a senda de Exilio das moscas, Feira do Leste estreou o pasado mes de febreiro Tras Tannhäuser, seleccionado polo Programa de Creación Joven Injuve 2017 e que se presentará tamén no Teatro Pradillo de Madrid. A montaxe aborda os medos desde unha óptica xeracional a partir dunha cea de amigas, interpretadas por Sonsoles Cordón, Nerea Brey e Bruna Trémula, que acaba converténdose nunha tempestade.

Venda de entradas

As entradas para ambas as pezas poderán adquirirse na billeteira do Salón Teatro os días de representación desde dúas horas antes do comezo do espectáculo. O seu prezo é de 10 euros, cos descontos habituais, para as funcións do xoves, venres e sábado, e de 5 euros para o domingo, día do espectador na sede do CDG.

Con base en Vigo, Feira do Leste xorde a finais do ano 2015 da unión de novos profesionais da interpretación, da dramaturxia e da dirección escénica, formados na Escola Superior de Arte Dramática (ESAD) de Galicia. O seu obxectivo é explorar desde o traballo colectivo distintos campos de expresión artística e temática no teatro físico, a performance ou a danza.

A pesar da súa xuventude, os seus integrantes contan con ampla formación e experiencia escénica e audiovisual, adaptando esas linguaxes multidisciplinares dentro das novas manifestacións teatrais de carácter posdramático.

Feira do Leste é unha das catro compañías da nova temporada de residencias artísticas e técnicas do Centro Dramático Galego xunto a Javier Martín, Anómico Teatro e A Panadaría, así como do programa Dramaturxente de apoio á dramaturxia galega.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-09-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES