Notas de prensa

A USC dá a benvida aos estudantes internacionais do curso 2017-2018

A Universidade de Santiago recibiu aos estudantes estranxeiros que cursarán aquí estudos, procedentes de todas as partes do mundo. O perfil internacional da USC fortalécese cada ano coa chegada de alumnado estranxeiro grazas aos distintos programas de mobilidade nos que participa.

Así, pese a que no acto participaron cincocentos estudantes, son case un milleiro os que se incorporarán ás aulas neste curso académico en setembro e 173 no segundo semestre. A xornada comezou cunha recepción institucional no Colexio de Fonseca que presidiu o reitor Juan Viaño e na que participaron tamén a vicerreitora de Internacionalización da USC, Almudena Hospido; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois González; e as vicerreitoras de Investigación e Innovación e de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Isabel Rodríguez-Moldes e Dolores Ãlvarez.

Nese acto o reitor aproveitou para entregaralles un documento acreditativo aos catro cidadáns de orixe siria seleccionados na segunda edición do Programa de Axudas para Persoas Refuxiadas convocado pola Vicerreitoría de Internacionalización e ás dúas seleccionadas no I Programa de Bolsas para a realización de estudos por parte de estudantes africanas, unha acción realizada coa Fundación Mujeres por Ãfrica.

O resto da xornada transcorreu nos xardíns do Campus Vida, nos que os novos estudantes visitaron as diferentes mesas dos servizos que a USC puxo á súa disposición xunto con información das asociacións estudantís e empresas de servizos e lecer da cidade. A carpa contou tamén coa participación de estudantes ex erasmus, conmemorando así o 30 aniversario do programa europeo.

Máis de 1.000 estudantes

Aínda que os números definitivos non se coñecerán ata novembro, co peche das diversas convocatorias de mobilidade, as cifras máis actualizadas indican unha chegada de case 900 estudantes de máis de 40 países para os programas de grao e máster ofertados pola USC. O 74% deles chegan este ano a través do Programa Erasmus e Erasmus Mundus, destacando unha vez máis a forte presenza da comunidade italiana (138 estudantes), seguidos por Alemaña, e Reino Unido. Unha boa parte deles estudarán na Facultade de Filoloxía, a preferida xunto coas de Dereito, Medicina e Odontoloxía, Psicoloxía e Económicas e Empresariais.

0 26% restante chegan á USC mediante convenios bilaterais de intercambio, onde tamén novamente repiten México e China como principais países emisores cunha representación superior ao centenar de estudantes desas nacionalidades. Brasil, Chile, Arxentina, Colombia, Corea, Perú, Rusia, Uruguai, Xapón, Venezuela e Vietnam son exemplos doutros países de orixe aos que este ano se suman Madagascar e Guinea. Unha parte importe deste alumnado selecciona o Campus Terra como destino, concretamente a Escola Politécnica Superior e as Facultades de ADE e Veterinaria, sendo en Compostela as facultades máis solicitadas Filoloxía, Medicina e Odontoloxía e Económicas e Empresariais.

A estas cifras hai que sumarlles tamén 85 estudantes de máster e 8 de grao que chegan á USC a través do Programa de Atención a Estudantes Extracomunitarios (PATEX), un novo protocolo de información, xestión e apoio que ten como obxectivo unha atención personalizada, integral e específica para ese colectivo.

No caso do doutoramento, á USC chegan este ano 592 doutorandos internacionais dun total de 7 países, sendo a maioría de Portugal, Ecuador e Brasil.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-09-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES