“Lúas de Outono”, a homenaxe anual a Manuel MarÃa, terá lugar o 20 de setembro ás 20.30 horas no Teatro RosalÃa de Castro da Coruña. Desta volta, na súa novena edición, o protagonismo irá para o teatro da man da compañÃa Lucecús Teatro que representará “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna” que leva á escena a popular figura que tanto influiu na biografÃa de Manuel MarÃa.
A obra “A verdadeira historia do poeta Manuel de Paderna”, levada á escena pola compañÃa Lucecús Teatro, centrará “Lúas de Outono”, a homenaxe anual que a Fundación Manuel MarÃa lle ofrece ao escritor que faleceu por estas datas hai agora trece anos.
A homenaxe foi presentada na Sala de Comisións da Deputación da Coruña nun acto en que participaron a vicepresidenta e responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti SanmartÃn, a viúva de Manuel MarÃa e Presidenta da Fundación Manuel MarÃa, Saleta Goi, o secretario da Fundación Manuel MarÃa, Alberte Ansede e o director e acto de Lucecús Teatro, Rubén Pérez Pombo.
Unha obra dramática por descubrir
“A homenaxe é unha nova posibilidade de achegarnos ao escritor Manuel MarÃa nunha cita anual que contará, como cada ano, co apoio do público como en todas as actividades que ao longo do ano organiza a Fundación Manuel MarÃa que entende que o seu ten que ser un traballo continuado no tempo que impregne a sociedade galega das súas palabras, do respecto á natureza, da unión á terra, do compromiso coa lingua e o paÃs…”, sinalou na súa intervención Goretti SanmartÃn ao tempo que mostrou a súa satisfacción de contribuÃr ao programa de actividades da Fundación desde a liña de axudas en concorrencia competitiva.
Pola súa parte, Saleta Goi, agradeceu o compromiso de todas as persoas que participan na homenaxe e lembrou que o teatro, protagonista desta edición, foi, despois da poesÃa, o xénero que a Manuel MarÃa máis o divertÃa. Con escritor instalárase Saleta Goi no barrio de Monte Alto da Coruña, cidade que cada ano, como lembrou Alberte Ansede, responde con afectividade a estas “Lúas de Outono” que se desenvolven por volta da data do falecemento do escritor. “Deixou unha grande impronta na cidade e nesta homenaxe, que xa é unha referencia cultural no calendario, exprésase o cariño do público e os lectores e lectoras da súa obra”, dixo Alberte Ansede
O secretario da Fundación Manuel MarÃa destacou o papel da entidade á hora de difundir a obra do escritor por medio de distintas manifestacións artÃsticas como son a danza, a maxia, os espectáculos audiovisuais, a música ou, neste caso o teatro. “Lucecús Teatro achéganos a través do espectáculo á figura do poeta popular Manuel de Paderna, personaxe real que tivo unha influencia enorme en Manuel MarÃa xa que con el se achegou á arte de versificar”, dixo Alberte Ansede que aproveitou para destacar a obra teatral de Manuel MarÃa, un conxunto de 36 pezas “que o converten nun dos dramaturgos galegos máis prolÃferos e un grande autor teatral que o grande público descubrirá cando se publiquen”.
Finalmente, o director de Lucecús Teatro, Rubén Pérez Pombo, mostrou a súa satisfacción por levar a escena unha obra que “a través da figura de Manuel de Paderna fai un percorrido pola xeografÃa de Manuel MarÃa e os seus textos. A obra é unha celebración da vida, da nosa cultura e do noso paÃs e da celebración do espÃrito de Manuel MarÃa”.
A entrada á obra, que se representa por primeira vez na Coruña, é libre até completar o aforo do Teatro RosalÃa de Castro.