O número de solicitudes presentadas no rexistro de vivendas de uso turÃstico supera xa as 4.200 en toda Galicia
O número de vivendas de uso turÃstico cuxos propietarios presentaron xa a súa solicitude para operar en Galicia avanza a bo ritmo. Desde que o novo decreto que regula este tipo de aloxamentos entrara en vigor, no mes de maio, a cifra non deixou de medrar e a dÃa de hoxe se contabilizan máis de 4.200 peticións.
Por provincias, Pontevedra é o territorio onde máis solicitudes foron presentadas ata a data, cando supera as 2.250. Na Coruña, pola súa banda, a cifra de peticións formuladas neste rexistro roza as 1.360. Séguenlle Lugo con preto de 540 e Ourense, con ao redor de 80.
Flexible e de sinxela aplicación
O decreto de vivendas de uso turÃstico supón unha resposta á realidade actual e tamén unha oportunidade para quen, ben como propietario ou como inquilino, aposta por este tipo de aluguer turÃstico. Neste sentido, a Xunta optou por un modelo flexible e de moi sinxela aplicación á hora de poder regular estas vivendas. En comparación con outras comunidades autónomas é, de feito, un dos decretos menos restritivos. A súa redacción realizouse da man do sector, recollendo as súas inquedanzas, para asà elaborar un decreto consensuado.
A súa continuidade foi confirmada o pasado mes de xullo polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao desestimar na súa totalidade a solicitude de suspensión cautelar reclamada por unha asociación. No auto emitido entón, o máximo órgano xudicial da Comunidade sinalou que o decreto de vivendas de uso turÃstico non limita nin restrinxe a competencia, senón que pon en orde a oferta nun ámbito relevante, incrementando a seguridade de que os ofertantes se acomoden a unhas mesmas esixencias e a garantÃa para os consumidores.
As vivendas de uso turÃstico, tal e como indica o citado decreto, son as cedidas a terceiras persoas dúas o máis veces ao ano, a cambio dunha contraprestación económica, para unha estancia inferior a 30 dÃas. A regulación determina que a cesión debe ser pola totalidade e a comercialización pode realizala os seus propietarios ou empresas turÃsticas reguladas.
Para comezar a operar, só é preciso presentar unha Declaración Responsable de Inicio de Actividade. Deberase cubrir o modelo normalizado, dispoñible na páxina web de Turismo de Galicia, asà como o xustificante de pago das taxas de clasificación turÃstica de 56,82 euros.
Axencia de Turismo de Galicia, 2017-08-16
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.