Notas de prensa

45 coches antigos inscritos na segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos"

A segunda edición da "Ruta de Mosteiros e Castelos" conta, ata o momento, con 45 coches antigos inscritos, vehículos do ano 1900 ao 1969, que se darán cita o día 19 de agosto no municipio de Xunqueira de Ambía nun evento turístico e gastronómico que pon en valor o patrimonio histórico da zona. A presentación tivo lugar hoxe no Pazo Provincial.

No acto participou o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; a organizadora do evento, Beatriz Crespo; o alcalde e o concelleiro de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes e Rubén Seara, respectivamente.

O deputado provincial de Cultura lembrou a tradición automobilística da provincia de Ourense "sendo moitos os municipios que albergan eventos relacionados co mundo do motor, como o que hoxe estamos a presentar". Asemade Manuel Doval sinalou que esta iniciativa, que discorre pola nosa provincia, "pon en valor non só o municipio de Xunqueira de Ambía senón tamén outros concellos da zona, ofrecendo aos participantes unha xornada de ocio e gastronomía" e destacou a importancia "de investir en cultura para desenvolver eventos que fomenten o turismo".

O alcalde de Xunqueira de Ambía sinalou que se trata dun evento que "pretendemos consolidar no tempo, xunto con outras iniciativas que xa levamos moitos anos a desenvolver, para poñer en valor o patrimonio histórico do noso municipio". Os coches que van a participar na ruta "deben ser anteriores ao ano 1969 para que vaian en consonancia coa ruta patrimonial que vamos a realizar", engadiu José Luis Gavilanes.

Pola súa parte, a organizadora do evento explicou o percorrido da ruta que comezará ás 12.00 horas en Xunqueira de Ambía e pasará polos municipios de Monterrei, Laza e Vilar de Barrio, e rematará ás 20.00 horas en Xunqueira de Ambía. "O prezo da inscrición, que tamén inclúe a comida e a cena, é de 45 euros", explicou Beatriz Crespo, e engadiu "ata o momento hai 45 inscritos non só de Ourense senón tamén de Tui, Vigo, A Coruña e Portugal pero, os interesados en participar, aínda poden anotarse ao longo de toda esta semana a través do número de teléfono 648051013 ou no Concello de Xunqueira de Ambía".

Deputación de Ourense, 2017-08-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES