Unha Volta ao Mundo en 10 dÃas desde Celanova
A Fundación Curros EnrÃquez en colaboración co Concello de Celanova organiza nas semanas do 7 ao 11 de do 21 ao 25 de agosto unha ludoteca de verán impartida por Xurxemurxe Xestión Cultural. Destinada a nenos de entre 4 e 12 anos e cun horario de 10:30 a 13:30 realizaremos unha volta ao mundo en 10 dÃas.
Co obxectivo de coñecer o noso planeta, os diferentes continentes e os lugares máis pintorescos polos que está conformada asà como a súa cultura, clima, territorio, medio ambiente, sociedade, etc... levaranse a cabo diversas actividades relacionadas con paÃses como Australia, Escocia, México, Italia entre outros.
Para inscribirse deberase contactar coa Fundación Curros EnrÃquez. Teléfono 646 026 421 ou fundacion@currosenriquez.es.
Entre as actividades que se desenvolverán no campamento de verá da Fundación Curros EnrÃquez inclúense:
- Talleres creativos
- Búsqueda o tesouro
- Xincanas
- Xogos populares
- SaÃdas e excursións
- Convivencias
- Cociña
- Actividades de animación á lectura
LUNS, 7 DE AGOSTO
Presentación e confección do mapa do mundo xigante e do caderno de bitácora e dos medios de transporte.
MARTES, 8
Taller creativo: confección do pasaporte.
Partimos de GALICIA: Bailes e xogos cantados.
MÉRCORES, 9
Chegamos a MÉXICO: cociñamos guacamole.
XOVES, 10
Imos ao SAHARA: Xincana polo deserto.
VENRES, 11
De expedición no AMAZONAS (SaÃda por Celanova): Búsqueda do tesouro.
LUNS, 21 DE AGOSTO
ORIENTE MEDIO: Taller creativo de papiroflexia e cerimonia do té xeado.
MARTES, 22
Toca ESCOCIA!: Xogos Highlands.
MÉRCORES, 23
Ciao ITALIA!: Cociñamos calzone.
XOVES, 24
Benvidos a AUSTRALIA!: Taller creativo: Didgerido e taller musical: Danza da choiva co Didgerido.
VENRES, 25
Aterramos en GROENLANDIA: Somos pingüiños!
Fundación Curros EnrÃquez, 2017-08-07
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.