A Feira MOSTRART achega ata o 15 de agosto na Coruña a calidade e a variedade da ArtesanÃa de Galicia
A mostra conta coa participación de 53 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares da Comunidade. A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, asistiu á inauguración da XXXIII edición deste encontro, unha das citas de referencia do sector en Galicia nos XardÃns de Méndez Núñez onde se da unha grande visibilidade aos oficios artesanais.
A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez Abeal, e a xerente da da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, Elena Fabeiro, asistiron á inauguración da XXXIII edición de MOSTRART que se poderá visitar ata o 15 de agosto nos XardÃns de Méndez Nuñez na Coruña.
A ConsellerÃa de EconomÃa, Emprego e Industria mantén a súa colaboración con este evento que, grazas ao compromiso do sector artesán consolidouse non só como unha feira de referencia en Galicia, senón tamén como unha das máis importantes a nivel nacional, o que afianza a aposta da Xunta pola calidade, a promoción e comercialización do produto artesán galego.
Tal e como salientou Vázquez Abeal, MOSTRART contribúe a achegar a ArtesanÃa de Galicia de calidade á sociedade. A súa celebración na Coruña nestas datas permite dar unha grande visibilidade aos oficios artesanais da nosa Comunidade.
A mostra contará coa participación de 53 obradoiros artesáns profesionais de diferentes lugares de Galicia. Como todos os anos, novos artesáns asisten por primeira vez a esta feira: MarÃa LucÃa SolÃs do obradoiro Anudo (A Coruña), Alba Gómez de Microcreaciones (Vigo); Marcos Paz de Navas (A Coruña); Sonia Cereijo de Soña de Cores (Cambre, A Coruña) e Amparo Arias de Volta Revolta (A Coruña)
Nesta edición a feira contará cun obradoiro de cerámica os dÃas 2,3 e 4 de agosto e outro de tapices, a cargo da Fundación Centro Galego da ArtesanÃa e do Deseño, que permitirá tecer nun gran bastidor cúbico, os dÃas 8, 9 e 10 de agosto. A participación será gratuÃta.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-07-29
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.