Notas de prensa

O BNG pide a retirada do plan de transporte para dar paso a unha negociación con todo o sector afectado

O deputado Luís Bará demandou a retirada do plan de transporte da Xunta para dar paso a unha auténtica mesa de negociación e diálogo que deixe atrás a prepotencia e o escurantismo do departamento de Ethel Vázquez quen, reclamou, debe dimitir ou ser cesada. As propostas do BNG buscan unha solución á “chapuza” da Xunta.

“A comparecencia chega tarde porque xa está todo cociñando e amañado pese a que non contaron con ninguén”, criticou o deputado, “tivo oportunidades de vir falar deste tema antes pero non quixo, nun exemplo máis de prepotencia e escurantismo, de ordeno e mando, e agora comparece soa ante o perigo porque non hai ninguén na bancada do Goberno para apoiala”.

Bará sintetizou as propostas do BNG para buscar unha solución á “chapuza” xerada pola Xunta: “Suspensión da tramitación do plan, prórroga das concesións para dar tempo a que funcione unha mesa de diálogo e negociación real, con tempo e sen presas para facer unha auténtica proposta de mobilidade e de transporte do século XXI”.

O deputado por Pontevedra reprochoulle a Vázquez é a Feijóo “a mala xestión de oito anos de goberno” neste asunto, ocultando o problema e actuando con prepotencia, “aínda que tenten botarlle a culpa ao empedrado”, e preguntouse polos intereses ocultos detrás da proposta do Executivo galego.

“Hai intereses escuros e provocarán a concentración do negocio do transporte en grandes monopolios en mans de multinacionais, o que terá como consecuencia perda de emprego, precariedade e peche de empresas, ao que se suma a previsible xudicialización do conflito e indemnizacións millonarias. Por iso debe vostede dimitir ou ser cesada”, argumentou Bará.

Unha cuestión que o Bloque considera moi grave é a decisión da Xunta de utilizar o transporte regular para transportar alumnado, a través da reserva de prazas para escolares en servizos regulares como solución xeral e non para casos concretos. “Penso que non valoraron os problemas que se van dar con esta mestura en particular no medio urbano, ademais das dúbidas legais”, alertou.

O BNG tamén foi moi crítico coa adxudicación de contratos a determinadas consultoras que xa viñan prestando servizos á Consellería de Ethel Vázquez, e que entregaron os seus informes en apenas catro meses cando o prazo de redacción no contrato era moi superior. “Fixeron unha chapuza chea de erros cun custe de 800.000 euros”, salientou, tras volver a pedir a retirada do plan “e sacar adiante un acorde de país, porque se trata dun servizo básico para a sociedade.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2017-07-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES