Notas de prensa

Galicia conquista o corazón de Nova York coa súa cultura e gastronomía

O secretario xeral da Emigración participa na semana Galician Cinema & Food Festival, que exhibe a actualidade e modernidade do país en pleno corazón de Manhattan. Miranda gaba o éxito dos galegos na cidade máis influente do mundo, asegurando que “hoxe somos, en boa medida grazas ao voso traballo, punta de lanza do continente e do mundo”.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou no acto central do Galician Cinema & Food Festival, que se celebra en Manhattan e que nesta xornada se centrou na influencia de Galicia na historia e actualidade da cidade máis importante do mundo. Así, proxectouse en primeiro lugar a película 'Alén do Cosmos', centrada na vida do galego, ex xogador do mítico club de fútbol Cosmos, Santiago Formoso, quen foi protagonista do día tras recibir, de man do representante da entidade deportiva, unha camiseta asinada por tódolos xogadores. No mesmo momento, Miranda fíxolle entrega tamén dunha camiseta oficial da selección galega de fútbol, co seu nome e o dorsal que decote empregaba, o 25.

O filme personaliza en Formoso a experiencia de milleiros de galegas e galegos que, coma el, chegaron un día a Nova York empurrados pola ansia de superación e a posibilidade dun mellor futuro para eles e os seus. Na proxección estiveron presentes, ademais de Miranda, a directiva do club, autoridades locais, unha ampla representación das colectividades galega e española, e o director do organismo anfitrión, o Instituto Cervantes en Nova York, Ignacio Olmos.

Trala proxección, interveu o director do filme, Pedro Pablo Alonso, e tivo lugar a presentación oficial e degustación dalgúns dos produtos galegos con denominación de orixe, en colaboración coas consellerías do Mar, e do Medio Rural. Trátase dun dos moitos eventos que, ao longo de toda a semana, está a dar a coñecer a actualidade e modernidade de Galicia, fundamentalmente da man das súas producións cinematográficas e gastronómicas, a milleiros de veciños e veciñas de Nova York.

Punto común

Na súa alocución aos presentes, moitos deles galegos e españois residentes na megalópole, Miranda fixo fincapé na tradición xacobea, que supón o principal argumento da proxección internacional de Galicia, e que enlaza directamente coa idiosincrasia actual da cidade dos rañaceos: “Desde a Antigüidade, recibimos a peregrinos e visitantes de todas as nacións, sentímonos especialmente cómodos en cidades que acollen a persoas de tantas razas, cores, relixións e culturas como Nova York”.

Asegurou o secretario xeral que os produtos degustados no evento “son elementos que permiten recibir a sensación desta terra única, e o traballo e suor de tantos galegos ao longo dos séculos, desta terra do Camiño de Santiago e a tumba do Apóstolo, da Torre de Hércules, da Muralla de Lugo, da Ribeira Sacra, e de máis de 1.500 quilómetros de costa en tan pouco territorio”. Miranda afirmou tamén que degustar estes produtos “é moito máis ca alimentarse ben; é recibir a enerxía de todos eses homes e mulleres traballando ao longo de máis de vinte e un séculos”.

Tamén afirmou o secretario xeral da Emigración que “os galegos temos acadado cotas hai ben pouco inimaxinables de éxito en todo o mundo. Nos ámbitos empresarial, educativo, deportivo, económico, político, cultural, de todo tipo, hai un galego no cumio. Despois de séculos, hoxe somos -en boa medida grazas ao voso traballo- punta de lanza do continente, e do mundo”, asegurou.

Galegos en Estados Unidos

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística a 1 de xaneiro de 2017, residen arestora nos Estados Unidos de América un total de 19.450 galegas e galegos, a metade procedentes da provincia da Coruña; dese conxunto da colectividade galega, un 60% (11.394) naceron xa na diáspora.

Esa mesma porcentaxe, en torno a seis de cada dez, é a que se calcula que conforman os galegos dentro da cidadanía española residente concretamente na cidade de Nova York e a súa contorna.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na sesión plenaria do Comité Europeo das Rexións (CdR), onde Galicia presentou 21 emendas a catro dos ditames sometidos a aprobación. Un dos máis relevantes para a comunidade foi o ditame sobre a ferramenta de facilitación transfronteiriza. Calcúlase que a eliminación do 20% das barreiras e obstáculos xurídicos e administrativos actuais entre rexións de fronteira na UE -entre as que se atopa Galicia, que conforma unha Eurorrexión xunto co Norte de Portugal- permitiría aumentar o seu PIB nun 2% e crear nelas ata un millón de empregos.
Foto de la tercera plana (cdc-01.jpg) InnovArt 24, o maior evento en Galicia de promoción e difusión das ensinanzas artísticas, de idiomas e deportivas propicia o encontro entre as vocacións e os profesionais, e facilita que o alumnado de diferentes niveis educativos se familiaricen e tomen contacto cos eidos da arte dramática, as artes plásticas e deseño, a conservación e restauración de bens culturais, a danza, as ensinanzas deportivas, os idiomas e a música. A feira conta cunha zona de 4.100 m² no Museo Centro Gaiás, na que os visitantes poden participar en obradoiros de artes plásticas e deseño, traballos de conservación e restauración de bens culturais, actividades deportivas didácticas de música, arte dramática e danza, así como de idiomas. Tamén se ofrecen mostras e exhibicións das distintas ensinanzas, concertos, conferencias e espectáculos escénicos en directo.

Notas

Mostrar á cidadanía os resultados do traballo realizado ao longo do curso nas aulas teatrais dos tres campus da UVigo, á vez que achegar a cidade propostas escénicas chegadas desde outros países. Estes dous obxectivos conflúen na XV Mostra Internacional de Teatro Universitario de Pontevedra (Miteu), que se desenvolverá entre o 24 de abril e o 3 de maio, con cinco funcións con entrada libre no Teatro Principal, todas elas ás 20.30 horas.
A Sala Cloud do Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) acollerá o vindeiro martes un novo taller do ciclo HumanIA UDC, organizado polo Consello Social e a Facultade de Humanidades da UDCe por dito centro. Baixo o título 'Perfís profesionais: Humanidades e IA', a experta en lingüística, tecnoloxía e diversidade, Cristina Aranda, cofundadora de Big Onion e Mujeres Tech, explicará as claves da cooperación entre perfís profesionais de cara ao futuro e presente da IA.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES