Notas de prensa

Destácase no CCG a Carta das Linguas como o primeiro texto internacional a prol dos dereitos lingüísticos

O secretario xeral de Política Lingüística inaugurou no Consello da Cultura Galega (CCG) o Foro de debate sobre a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias incidindo “na importancia de todas as linguas, as de máis falantes e as de menos falantes, na construción dunha Europa unida na diversidade das linguas”.

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) como “o primeiro texto internacional dedicado especificamente ao recoñecemento de dereitos lingüísticos”. Fíxoo durante a súa intervención no acto de inauguración do Foro de debate sobre a CELRM que acolle o Consello da Cultura Galega coa colaboración co Consello de Europa. Nel participarán, ao longo de dúas sesións que se desenvolverán entre hoxe e mañá, expertos en 13 idiomas peninsulares protexidos pola devandita Carta.

García Gómez sinalou “o acerto desta convocatoria cando se cumpren os 25 anos da aprobación da CELRM”, e incidiu en que “a Carta puxo sobre a mesa a importancia de todas as linguas, as de máis falantes e as de menos falantes, na construción dunha Europa unida na diversidade”.

Galicia, foco da análise internacional sobre linguas

Valentín García deulles a benvida a todos os participantes e expresou a súa satisfacción polo feito de que, nos últimos tempos, Galicia sexa frecuente lugar de reunión para a análise ou o desenvolvemento de proxectos “que implican diversas linguas europeas”, pois isto fornece oportunidades para a “proxección exterior do galego”. “Galicia e o galego están no centro da discusión e da análise internacional sobre linguas”, dixo, lembrando a recente celebración, tamén en Santiago, do 50º Congreso Internacional do Atlas Linguarum Europae e o XXII Congreso Internacional do Atlas Linguistique Roman.

O titular de Política Lingüística recordou tamén que a Xunta de Galicia vén de acadar representación, por primeira vez, no órgano de dirección da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD, Rede de Promoción da Diversidade Lingüística), unha entidade a escala europea que ten como principal obxectivo sensibilizar sobre a importancia da diversidade lingüística e actuar como foro de intercambio de boas prácticas entre gobernos. Canda o secretario xeral participaron na mesa inaugural Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega; Sixto Molina, xefe da Secretaría da CELRM do Consello de Europa; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega, e Fernando Ramallo, coordinador do foro.

Repercusión e actualidade da Carta Europea

Amazige, árabe ceutí, aragonés, aranés, asturiano, caló, catalán, éuscaro, fala, galego, leonés e portugués. Estas son, por orde alfabética, as linguas das que se falará durante dous días na sede compostelá do Consello da Cultura Galega, situada no Pazo de Raxoi, co fin de avaliar a repercusión e a actualidade da CELRM, especialmente dos seus artigos 7 a 13, cando se fan os 25 anos da súa aprobación.

As sesións da mañá de hoxe están dedicadas ao artigo 7 da Carta e, polo tanto, ás linguas sen recoñecemento oficial, como o asturiano, a fala ou o portugués de Estremadura, o amazige ou o galego de Castela e León e de Asturias. Xa pola tarde, a atención dos asistentes desprazarase aos artigo 8 e 9 da CELRM, centrado nas linguas oficiais nos ámbitos educativo e de comunicación. O día 30 dedicarase a mañá aos campos da xustiza (artigo 9) e da Administración (10). Pola tarde, o xefe da Secretaría da Carta pronunciará a conferencia “A monitorización do cumprimento da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias”, tras a que terán lugar as mesas redondas “Artigos 12-13. Linguas oficiais nas actividades e servizos culturais e na vida económica e social” e mais “A Carta desde as institucións culturais”. O foro pecharase coa redacción das conclusións.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES