Notas de prensa

Peregrinos Musicales 2017 presenta o seu programa de concertos para o mes de xullo

O Festival Peregrinos Musicais une a mozos solistas de todo o mundo. Este Festival ó longo da súa historia invita a participar nos seus concertos a talentosos solistas clásicos de España, Países Baixos, Rusia, Armenia, Estados Unidos, Alemaña, Xeorxia, Bielorrusia, Canadá e que representan, o ano da súa selección, o maior nivel de excelencia profesional na música clásica á súa idade nos seus países.

Ademais, o Festival conta coa actuación de músicos de renome internacional nos Concertos “Maestros e Laureados” ofrecendo programas temáticas concretos e que axudan a establecer unha colaboración estreita entre as diferentes xeracións e escolas musicais.

O Festival conta cun excepcional nivel artístico e abarca os mellores escenarios de Santiago de Compostela culminando cun solemne concerto de Clausura no Auditorio de Galicia.









Axenda de concertos

Gala Concerto de Inauguración
12 Xullo 2017, 20:30 h.
Teatro Principal de Santiago de Compostela
Prezo: 6 Euros

Maestros e Laureados I.
13 Xullo 2017, 20:30 h.
Teatro Principal de Santiago de Compostela
R. Shumann, B. Britten , F. Poulenc

Prezo: 9 Euros
Iago Domínguez (cello) e Ilona Timchenko (piano)

Peregrinos Musicais na Catedral
14 Xullo 2017, 21:00 h.
Catedral de Santiago de Compostela
I.S. Bach, J. Biber, G. P. Telemann, I.Olenchik
Actividade de balde


Masterclass de violin con Professor Sergey Arutyunyan (violin)
aberto ó público, entrada libre.
14 Xullo 2017, 10:30 – 14:00h e 17:00 - 20:00h
Teatro Principal de Santiago de Compostela


Maestros e Laureados II. “Violinissimo”
violinistas para violin
15 Xullo 2017, 20:30 h.
Teatro Principal de Santiago de Compostela
M.Leclair, P. Sarasate, H. Vieuxremps, H. Wieniawski, N. Paganini, F.Kreisler.
Sergey Arutyunyan (violin) y Ilona Timchenko (piano)
Estefanía Cereijo Omil (piano)
Prezo: 9 Euros


Solistas con Real Filharmonía de Galicia
17 Xullo 2017, 21:00 h.
Auditorio de Galicia, Santiago de Compostela
S. Mercadante, C.M. von Weber, F. Mendelssohn, S. Taneev, J. Haydn, L.van Beethoven
Director: Maximino Zumalave
Prezo: 7 Euros

Menores de 18, de balde

Gabinete de Comunicación Peregrinos Musicales (Multimedia Galinova), 2017-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES