Compostela e USC editan o ensaio de MarÃa Reimóndez en diálogo con ErÃn Moure gañador do I Premio Xohana Torres
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou o ensaio de MarÃa Reimóndez Corpos Exorbitantes. RosalÃa de Castro, tradutora feminista, en diálogo con ErÃn Moure editado pola USC e o Concello de Santiago. Trátase da publicación gañadora do I Premio Xohana Torres que se recuperou en 2012, logo de 20 edicións.
Trátase da publicación gañadora do I Premio Xohana Torres, "que recuperamos o ano pasado grazas a un convenio coa USC e que levaba sen convocarse dende 2012 despois de 20 edicións seguidas" segundo lembrou Marta Lois. A recuperación deste premio foi alabada tanto polo director de publicacións da USC como pola vicerreitora de Estudantes que o definiu como "un premio que incentiva o estudo feminista a través da memoria das mulleres compostelás".
Este ensaio é quen de facer algo "extraordinario" segundo o definiu Juan Blanco, como é o de "unir tres mulleres como RosalÃa de Castro, MarÃa Reimóndez e ErÃn Moure, tres poetas, tradutoras e feministas". Precisamente este ensaio ten como obxectivo "visibilizar o labor das tradutoras, partindo dun marco teórico e colocando a tradución como algo que nos afecta no dÃa a dÃa e a través da cal se poden crear historias e realizar un traballo polÃtico de reivindicación feminista importante", tal e como indicou a autora, MarÃa Reimóndez.
Como lembrou Reimóndez, é ademais "pouco habitual estar na presentación dun traballo ao lado do propio obxecto de investigación como é ErÃn Moure", poeta coa que leva 20 anos de discusión sobre a literatura e que, en palabras da propia Moure "foi a miña primeira profesora de galego".
ErÃn Moure
ErÃn Moure é canadiense aÃnda que ten ascendencia galega e sempre defendeu o uso da nosa lingua. Ademais é unha destacada tradutora de Lupe Gómez, Chus Pato ou RosalÃa de Castro, de aà o diálogo e o protagonismo no ensaio de MarÃa Reimóndez. ErÃn Moure foi investida ademais doutora honoris causa pola Universidade de Vigo grazas á súa innovadora e premiada produción poética, multilingüe e comprometida; pola súa labor como mediadora incansable entre culturas mediante reescritura e tradución; polo seu activismo en favor das minorÃas lingüÃsticas, étnicas, sexuais e moi especialmente pola súa contribución á internacionalización da cultura galega e a preservación do seu patrimonio.
Na rolda estiveron a vicerreitora de Estudantes da USC, Dolores Ãlvarez; o director de publicacións da Universidade, Juan Blanco; a autora da obra, MarÃa Reimóndez e a poeta canadiense ErÃn Moure.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-06-22
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.