A USC promove unha nova edición do programa Camiño ao Gaiás con rutas nocturnas
Un verán máis, a Fundación USC Deportiva e a Cidade da Cultura organizan conxuntamente o programa de sendeirismo ‘ Camiño ao Gaiás’. Incorpóranse novos percorridos pola noite que farán a ruta contraria: desde a Cidade da Cultura ata o centro histórico de Compostela. Poden participar todos os públicos a partir dos 10 anos de idade.
Nesta ocasión, ás camiñadas habituais das tardes dende o casco antigo á Cidade da Cultura incorpóranse novos percorridos pola noite que farán a ruta contraria. A actividade está pensada para calquera persoa interesada, aÃnda que non se recomenda para menores de 10 anos.
Percorridos
As rutas diúrnas terán lugar os dÃas 13 e 27 de xullo; 3, 17 e 31 de agosto, e 7 e 14 de setembro. O percorrido, que comeza ás 19.00 horas e dura aproximadamente hora e media, partirá da Oficina de Turismo de Santiago, na rúa do Vilar, para seguir pola rúa Nova, CaldereirÃa e a Facultade de XeografÃa e Historia. Collendo a rúa das Ameas chegarase ao Mercado de Abastos para logo baixar á rúa da Virxe da Cerca. De aà ao parque de BelvÃs pola Rúa das Trompas ata coller a rúa do Olvido e a de Sar. Dende a Colexiata de Sar, remontando o curso do rÃo polo paseo fluvial, chégase ao Multiusos para entrar no Bosque de Galicia, cruzalo e ir ata o parque do Lago. A actividade remata na Praza Central da Cidade da Cultura.
Pola súa banda, a ruta nocturna, de menos de unha hora de duración, comeza ás 22.30 horas no Espazo On da Cidade da Cultura de Galicia para baixar polo Bosque de Galicia ata a avenida Diego Bernal. Logo, dende a rúa da Ponte de Sar chegarase á Colexiata e continuarase por Castrón Douro ata rematar na Praza de Galicia. Este percorrido haberao os dÃas 6 e 20 de xullo e 10 e 25 de agosto.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-06-21
Actualidad
A SecretarÃa de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese TurÃstico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase asà ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a RomarÃa de Nosa Señora da Barca (MuxÃa), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de VerÃn. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (VilagarcÃa de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
Baixo o tÃtulo 'Horizontes dos Estudos Galegos e /na LusofonÃa', esta nova edición do congreso da AIEG parte do tradicional vÃnculo entre Galicia e os paÃses lusófonos para promover o debate, a crÃtica e novas propostas sobre as relacións no espazo cultural, académico e institucional. Farao a través de relatorios, paneis, mesas e sesións plenarias nas que participarán especialistas das tres universidades galegas, pero tamén do ámbito nacional e internacional, que discutirán sobre os campos lingüÃstico, literario, histórico, económico, antropolóxico, filosófico, sociolóxico e artÃstico. No marco do congreso tamén terán cabida as actividades culturais, como excursións ou exposicións, especialmente dirixidas á mocidade investigadora; ou a presentación de produtos académicos e proxectos, como o Proxecto Nós, impulsado polo Goberno galego para incorporar a lingua propia de Galicia á vangarda da Intelixencia Artificial.
Notas
Un equipo internacional formado por astrónomos e astrónomas de todo o mundo no marco da misión Gaia acaba de dar a coñecer o achado do buraco negro estelar máis masivo descuberto ata agora na VÃa Láctea. A súa investigación foi publicada este martes pola revista Astronomy & Astrophysics e está asinada por 300 investigadores e investigadoras de paÃses como Alemaña, Austria, Bélxica, Finlandia, Francia, Italia, Suecia, Chile, Australia e tamén España.
Identidade e multidisciplinariedade. Estes dous conceptos definen o camiño do Laboratorio de Formas, unha revolucionaria idea xestada por Isaac DÃaz Pardo e Luis Seoane que marcarÃa unha nova tendencia para a cultura galega a mediados dos anos sesenta do pasado século. Froito daquel Laboratorio chegarÃa a recuperación de Sargadelos, asà como unha serie de iniciativas para desposuÃr do imaxinario popular esa crenza dunha Galicia rural detida no tempo e onde o movemento diario do mar e a terra leva ao abandono do belo.