A Xunta e as universidades galegas emprenderán expedicións de atracción do coñecemento para captar novos alumnos iberoamericanos
Feijóo afirma que esta iniciativa terá un papel fundamental para que en 2020 o 3% dos universitarios galegos sexan estranxeiros. Asinouse o memorando de entendemento no marco do Espazo Iberoamericano do Coñecemento e a adhesión da Xunta á Alianza para a Mobilidade Académica.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta e as universidades galegas emprenderán expedicións de atracción do coñecemento para captar novos alumnos iberoamericanos.
Esta será unha das primeiras accións que, segundo explicou Feijóo, permitirá a sinatura do memorando de entendemento para a colaboración no marco do espazo iberoamericano do coñecemento e a adhesión da Xunta á alianza para a mobilidade académica. Un acto que tivo lugar esta mañá tras unha reunión coa secretaria xeral iberoamericana, Rebeca Grynspan Mayufis.
O responsable do Goberno galego afirmou que estas expedicións de atracción de coñecemento terán un papel fundamental á hora de acadar o obxectivo de que en 2020 o 3% dos universitarios galegos sexan estranxeiros. Non en van, na actualidade xa hai máis de 400 mozos latinoamericanos que estudan un grao ou un máster na Comunidade.
Asà mesmo, afirmou que esta iniciativa se complementará coas Bolsas Mocidade Exterior para que mozos universitarios de orixe galega poidan finalizar os seus estudos de posgrao nas universidades galegas.
Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta expresou o convencemento de que esta xuntanza coa secretaria xeral iberoamericana senta as bases para unha cooperación aÃnda máis intensa e frutÃfera. “Desde hoxe, o Sistema Universitario de Galicia forma parte da Alianza para a Mobilidade Académica co obxectivo de impulsar as estancias internacionais de estudantes, profesores e investigadores”, dixo, incidindo en que, deste xeito, Galicia se mergulla no Espazo Iberoamericano do Coñecemento, que cumpre xa doce anos de existencia e que serve como foro de coordinación de gobernos, universidades e institucións públicas e privadas destes paÃses.
Ademais de salientar que a Comunidade galega é a primeira autonomÃa que se suma a esta alianza, o responsable do Goberno galego concluÃu afirmando que Galicia seguirá apostando por reforzar os vÃnculos con América, para aumentar as posibilidades de colaboración empresarial e, desta forma, seguir abrindo novos mercados; e para intensificar a cooperación en materia cultural e educativa.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-31
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.