Notas de prensa

En Marea denuncia a segregación das centrais de Ferroatlántica publicada no Rexistro Mercantil

O voceiro de En Marea, Luís Villares, pediu ao Goberno galego que aclarase cal sería a súa postura ante a petición da empresa para levar a cabo a segregación das centrais pero á vista do publicado no BORME e dixo que “no tema de Ferroatlántica non queda claro se é o PP en Madrid o que manda.

A empresa Villar Mir ven de rexistrar a segregación das centrais de Ferroatlántica como aparece publicado no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil o que ven a demostra unha de dúas ou que a Xunta de Galicia xa trasladou á empresa a intención de aceptar a solicitude presentada, ou que o que realmente manda é Villar Mir que nin tan sequera disimula esperando a resposta da Xunta de Galicia. O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, por este rexistro durante a sesión de control. A reacción do Presidente deixou en evidencia no só que non tiña coñecemento algún do mesmo senón que amosou a cara máis indigna de quen se debería comportar coma o presidente de todos os galegos e galegas e que lonxe diso limitou o seu discurso a unha sucesión de descualificacións e acusacións falsas e insidiosas.

O voceiro de En Marea, Luís Villares, na súa intervención pediu ao Goberno galego que aclarase cal sería a súa postura ante a petición da empresa para levar a cabo a segregación das centrais pero á vista do publicado no BORME asegurou que “no tema de Ferroatlántica non queda claro se é o PP en Madrid o que manda e marca o que ten que facer Núñez Feijóo, ou é directamente o empresario Villar Mir, imputado por financiar ilegalmente ao partido”. Unha empresa que pretende esborrallar toda a comarca da Costa da Morte en función unicamente dos seus propios intereses que xa ten demostrada a súa total falla de respecto ás decisións da Xunta de Galicia como demostrou hai meses ao publicar no NASDAQ o plan empresarial antes esperar nin tan sequera á resposta do Goberno galego.

En canto á publicación do rexistro por parte da empresa da segregación no BORME o presidente da Xunta de Galicia atreveuse a responder: “dame igual o que poña o Boletín Oficial do Rexistro Mercantil”. “Moi elocuente que afirme que lle da igual o que diga o BORME, xa o supoñíamos igual que lle da igual o que poña o BOE ou as sentenzas xudiciais, pero está ben que o recoñeza” replicou o voceiro de En Marea.

Luís Villares instou así mesmo a Núñez Feijóo a falar cos traballadores “xa que non quere falar cos deputados da oposición“ e darlles acceso ao expediente da empresa como piden, petición avalada pola Lei como destacou Villares xa que di que só poderán ter acceso aqueles que teñan algún interese no mesmo, algo que no caso dos traballadores e traballadoras de Ferroatlántica está máis que xustificado.

O voceiro de En Marea lamentou que para o Goberno de Núñez Feijóo “o interese xeral sexa devolver os favores aos que financian ilegalmente ao partido e non o mantemento dos postos de traballo en Ferroatlántica“. “A empresa está segura da segregación porque xa mercaron a resposta da Xunta de Galicia hai tempo cos 700.000 euros aportados para o financiamento ilegal do seu partido“ concluíu Luís Villares.

Gabinete de Comunicación de En Marea, 2017-05-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (naufragos-hugo.jpg) Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e María Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuíto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañías e profesionais de numerosos países arredor dunha programación artística, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artísticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
Foto de la tercera plana (turismo-5.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estímase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.

Notas

A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofía, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación Ontoloxías da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxía.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES