Notas de prensa

A delegación da Xunta en Madrid acolle a presentación do documental Caontando a Carlos Casares

A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acolleu a proxección do documental de Gonzalo E. Veloso, “Contando a Carlos Casares”, parte do cal se gravou na nosa institución e que tamén hoxe preséntase en Ourense. A proxección estivo seguida dun coloquio con Melodi Parga Otero.

O acto enmárcase dentro da celebración do Día das Letras Galegas, xunto co concerto "A cantiga lírica galega" da soprano María Rodríguez, acompañada ao piano por Juan Durán que a Casa programou para o día 17 de maio. A proxección, cuxa presentación correu a cargo do Coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, estivo seguida dun coloquio no que interveu a historiadora e documentalista do audiovisual, Melodi Parga Otero.

Nas súas palabras Jiménez lembrou que algunhas das entrevistas que aparecen no documental realizáronse nesta mesma Casa, no outono pasado. “Xa entón falamos Gonzalo e eu da posibilidade de proxectalo aquí con ocasión das Letras Galegas. A data entón parecía afastada, pero como é lóxico chegou, así que celebro que esa película hai uns meses embrionaria estea xa dando os seus primeiros pasos entre nós”.

O audiovisual, con guión, dirección, produción e montaxe de Gonzalo E. Veloso, conta cos testemuños de especialistas en Carlos Casares, familiares e amigos, entre eles: Xavier e Häkan Casares, Arcadio López Casanova, Marina Mayoral, Basilio Losada, Damián Villalaín, Antón Riveiro Coello, Xavier Carro, os irmáns Fonseca Moretón, Camiño Noia, Luís González Tosar, Manolo Rodríguez, Miguel Anxo Fernández, Maribel Outeiriño, Gonzalo Navaza, Xosé Manuel Soutullo... que ofrecen a súa persoal visión desde diversos aspectos: “unha visión próxima como persoa, máis aló do personaxe histórico-cultural, analizando a súa metodoloxía de traballo, as súas motivacións, as súas paixóns e a súa dinámica”.

Pola súa banda, Melodi Parga, natural de Barreiros (Lugo), é licenciada en Historia da Arte con especialidade en museoloxía e patrimonio cultural, cursando estudos de Arqueoloxía Paleocristiana e Bizantina no Instituto Arqueolóxico da Geogr August Universität de Göttingen, Alemaña. Nese país, traballou tamén no Museo de Cultura Funeraria de Kassel. Colabora, desde hai anos, con Mito/Revistacultural e dirixe a bitácora online LuzdeTea sobre patrimonio funerario galego. Ademais das tarefas de documentación sobre Carlos Casares, tamén as fixo no dedicado a Manuel María.

Melodi explicou que Millo Filmes, a empresa que realizou o audiovisual, leva sete anos gravando este tipo de documentais sobre os autores aos que se dedican os días das Letras, desde Lois Pereiro. “A nosa forma de traballar é aberta, plural e tentamos profundar na contorna persoal e laboral do autor. Os participantes falan e non se manipula nada. Tómanse tal cal o que din”. Melodi tamén buscou as localizacións e destacou a dificultade que entraña o coordinar a tantas persoas, que viven afastadas entre si, por exemplo Basilio Losada, que o fai entre Madrid e Alemaña.

Tras o visionado estableceuse un animado coloquio. Entre as persoas asistentes estaba Ãngeles Filgueira, filla de Filgueria Valverde, a quen se dedicou o día Das Letras en 2015.

Carlos Casares é o autor ao que se dedica o DÃA DAS LETRAS GALEGAS este ano 2017 e escribiu tanto en lingua galega como en castelá. Nacido en Ourense en 1941, estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago e despois estivo de lector en varias universidades europeas. Ao seu regreso, instalouse en Vigo, desde onde desenvolveu unha actividade cultural e profesional incesante como escritor, editor, catedrático na Universidade de Santiago de Compostela, membro da Academia Galega da Lingua e presidente do Consello da Cultura Galega. Colaborou asiduamente como articulista en numerosos diarios, entre eles La Voz de Galicia. Casares deuse a coñecer en 1967 co libro de relatos Vento ferido e desde entón publicou con regularidade novelas e contos de literatura infantil. Na súa obra apréciase a marca de intelectual europeo cosmopolita xunto a un humor e sinxeleza aldeáns que sempre viran ao redor de conflitos ou situacións que afectan á xente do noso tempo. Entre as súas obras atópanse: Cambio en tres (1969); Xoguetes para un tempo prohibido (1975), Os escuros soños de Clio (1979), Ilustrísima (1980), Os mortos daquel verán (1987), Na marxe de cada día: follas dun diario (1994) e Deus sentado nun sillón azul (1996). Tamén publicou libros de literatura infantil, como A galiña azul (1968), As laranxas máis laranxas de todas as laranxas (1973) e Lola anda en bicicleta (1997), e ensaios sobre Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, Manuel Curros Enríquez e outros autores da literatura galega. Faleceu en Vigo en 2002.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2017-05-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (aqui-tamen-se-fala-2024.jpg) O evento, que reunirá na cidade herculina a artistas contemporáneos do talle de Grande Amore, Boyanka Kostova, Lontreira e Leria, nace co obxectivo de potenciar a música actual en galego, e se enmarca na iniciativa cultura homónima nacida no Equipo de Dinamización da Lingua Galega do instituto Rafael Dieste co obxectivo de promover o uso do galego entre a mocidade. A día de hoxe, involucra máis de 200 centros de toda a comunidade e preto de 50.000 estudantes que, a través de entrevistas, actuacións e campañas nas redes sociais, animan a rapazada a falar na lingua propia de Galicia.
Foto de la tercera plana (dron-bfa.jpg) A Business Factory Aero, o programa de incubación, aceleración e consolidación de empresas do sector aeroespacial, promovido pola Xunta de Galicia e xestionado pola Fundación CEL Iniciativas por Lugo, foi escollido pola Fundación de las Cajas de Ahorro (Funcas) e pola Universidad Rey Juan Carlos como a mellor Aceleradora en 2024 na categoría de Avanzadas. Este primeiro posto no ranking nacional supón un importante recoñecemento ao labor desenvolvido polo Goberno galego, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia, para a retención e atracción de talento no sector e para a creación de emprego de alta cualificación na comunidade.

Notas

O Seminario de Inicio do Proxecto Caprif-CC: Comunidades activas e paisaxes resilientes a incendios forestais e cambio climático, desenvolveuse no Centro de Estudos Avanzados da USC, onde o inaugurou a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización da USC, María José López Couso; o director da Fundación Juana de Vega, José Manuel Andrade; e o director da Fundación CEER, Ãngel Miramontes.
Definida como a rama da política que se encarga das relacións entre estados, a diplomacia asociouse historicamente á actuación dos executivos nacionais. Non obstante, nun mundo marcado pola globalización, tanto os gobernos autonómicos como os locais levan a cabo iniciativas de acción exterior, do mesmo xeito que as actuacións de institucións como os parlamentos teñen unha incidencia internacional.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES