Notas de prensa

TodoCosmos espalla por cuarto ano consecutivo a divulgación da astronomía

O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos desenvolve durante 2017 a súa cuarta edición consecutiva co apoio da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e a iniciativa do Observatorio Ramón María Aller da USC.

Según explica o profesor José Ãngel Docobo, o Observatorio da USC complementa a súa misión investigadora e docente coa de “centro de interpretación dos cosmos, dando servizo a amplos sectores da sociedade”, engade o docente. O proxecto de divulgación astronómica da USC TodoCosmos para 2017 presentouse en rolda de prensa o seu director José Ãngel Docobo, que estivo acompañado do investigador Pedro Pablo Campo e de representantes dalgún dos concellos participantes.

Como explicaron, o sábado 20 de maio está prevista unha sesión de observación nocturna en Porto do Son, a partir das 22.00 horas, ás que lle seguirán outra en Carballo o 30 de maio e en Rois o 10 de xuño. Ao longo do ano, o Observatorio Astronómico da USC está aberto as peticións que dende distintos concellos ou outras entidades fan para a organización de actividades de divulgación astronómica in situ.

A FECYT outorgoulle a TodoCosmos a consideración oficial de “práctica innovadora en cultura científica” por ter levado actividades para todos os públicos e idade a centros educativos, comunidades terapéuticas, centros penitenciarios, prazas e rúas, paseos marítimos e fluviais ou cimas emblemáticas, entre outros lugares. Ademais, a programación inclúe a recepción de visitas e sesións de observación na sede do Observatorio Astronómico da USC.

Durante 2016 realizáronse un cento de actividades divulgativas arredor da astronomía nos concellos de Allariz, Ames, Barbadás, Boqueixón, Carral, Lalín, Melide, Noia, Ordes, Oroso, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribadeo, Santiago de Compostela, Sanxenxo, Teo, Tordoia, Vedra, Vila de Cruces e Vilar de Santos. No propio Observatorio realizáronse sesións para colexios e grupos non só de Santiago senón tamén de Vigo, Estremadura, Sartrouville (Francia), Tordoia, Padrón, Bueu, Altea (Alacante), A Estrada e Boiro. No caso concreto de Santiago, José Ãngel Docobo destacou o importante volume de iniciativas desenvolvidas como as múltiples visitas guiadas e sesións didácticas ou a celebración do Mes da Astronomía, que se imparte ao longo do mes de novembro na Biblioteca Anxel Casal.

Ademais da colaboración dos múltiples concellos galegos que se teñen sumado ás anteriores edicións de TodoCosmos, o programa conta coa colaboración da empresa Óptica Val. O equipo da iniciativa está constituído por José Ãngel Docobo, Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, José Ramón González Romay e Jorge Gómez Crespo.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2017-05-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (cdc-01.jpg) A Cidade da Cultura reunirá estes días as persoas representantes dunha vintena de linguas minoritarias de Europa. Será durante a asemblea xeral e a conferencia anual da Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD), unha organización de ámbito europeo cuxa finalidade é promover a diversidade lingüística na UE. Entre os seus membros figura, desde a súa creación, a Xunta de Galicia, que, a través da Consellería de Cultura actúa como anfitrioa nos eventos de 2024. Na xornada trataranse os asuntos que atinxen á administración da organización e presentaranse varios informes.
Foto de la tercera plana (costa.jpg) A Xunta vai solicitar de xeito inmediato ao Goberno central o traspaso dos medios materiais e persoais para xestionar a súa costa trala sentenza do Tribunal Constitucional que avala a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ãngeles Vázquez, respondeu unha pregunta no pleno do Parlamento sobre esta materia na que salientou que o Alto Tribunal certifica que a norma galega é plenamente constitucional. Ademais, subliñou, confirma o que sempre defendeu a comunidade, que non é necesario reformar o Estatuto de Autonomía para que Galicia poida exercer plenamente as súas lexítimas competencias sobre o litoral.

Notas

Dos inicios do cinema galego á progresiva profesionalización do sector, pasando polo novos modelos de produción e pola situación das cineastas no momento actual. Trazar un percorrido histórico do panorama audiovisual galego ao longo das últimas tres décadas era o obxectivo central das xornadas que este xoves promoveu na Facultade de Comunicación a Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), con motivo do seu 30 aniversario.
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañías das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous días ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañía de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importa’, unha coreografía colectiva con dirección artística de Alba Fdez. Cotelo.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES