Banda Crebinsky presenta o seu último traballo, Zirkus Affe, no marco do ciclo Lubicán
Banda Crebinsky, a orquestra popular xurdida do universo imaxinario do filme Crebinsky, desembarca o xoves 27 de abril na luguesa Praza de Santa MarÃa para presentar un avance do seu último traballo, Zirkus Affe, e para interpretar outras composicións do seu repertorio, no marco do ciclo Lubicán.
O concerto de Banda Crebinsky comeza ás 21.00 horas e está encadrada dentro da programación cultural organizada ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da Deputación e do Concello de Lugo, asà como da USC.
‘Zirkus AffeÂ’ é un traballo pensado para os directos no que Banda Crebinsky experimenta non poucos cambios respecto dos primeiros pasos dados na escena musical por unha formación nada hai xa sete anos. Este traballo abandona un pouco os ritmos balcánicos que caracterizaron de sempre o traballo musical desta orquestra popular, que, nesta nova entrega, camiña cara o mundo árabe, aÃnda que cunha maior presenza de temas en galego.
Neste terceiro traballo, Banda Crebinsky deixase levar, como eles mesmo din, “pola música sen pasaportes”. AÃnda asÃ, este grupo non renuncia á súa formación de oito músicos en directo, capaces de ofrecer un contundente directo no que convidan ao público a involucrase na súa viaxe musical.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-04-26
Actualidad
Hugo fala da relación do seu protagonista, un rapaz con trastorno do espectro autista, coa súa amiga Laia. Jimmy Núñez e MarÃa Roja interpretan este espectáculo, seleccionado para a primeira edición do circuÃto estatal de artes escénicas para a infancia e a mocidade da ASSITEJ. Baixo o lema Voces dun mundo novo, o congreso reunirá compañÃas e profesionais de numerosos paÃses arredor dunha programación artÃstica, de relatorios e de intercambio, que este ano lles presta especial atención á participación, á amplitude de formas artÃsticas e á celebración do impacto comunitario. Para a configuración da carteleira de espectáculos tivéronse en conta especialmente propostas que traballan en espazos e formatos non tradicionais, inclusivas e sensoriais.
O Instituto Nacional de EstatÃstica (INE), publicou hoxe os datos referidos aos establecementos hoteleiros no mes de marzo, nos que a Semana Santa contribuiu a que o sector hoteleiro galego consolidase a crecente mellora da súa rendibilidade. En concreto, segundo o INE, a rendibilidade hoteleira medrou en marzo un 15%. Con estas cifras estÃmase que o sector hoteleiro obtivo uns ingresos totais de 21,9 millóns de euros ese mes, cifra que supera nun 23% o dato de marzo do ano pasado, que non coincidiu coa Semana Santa, que fora en abril. Tamén medrou con respecto ao valor previo á pandemia, cando se facturaron preto de 16 millóns de euros. En canto ao número de viaxeiros, o segmento hoteleiro presentou un comportamento positivo en Galicia en marzo.
Notas
A 22ª edición do Encontro Universitario de Danza da USC chega a Lugo este xoves 25 e o venres 26 coa presentación de producións de danza das compañÃas das universidades de Vigo, A Coruña e máis a propia da USC. As funcións, de entrada libre e de balde, serán ambos os dous dÃas ás 20.30 horas na Caixa Negra do Museo Interactivo de Historia (MIHL). A compañÃa de danza da UDC abrirá este encontro o xoves 25, ás 20.30 horas, coa posta en escena de ‘… E todo o demais non importaÂ’, unha coreografÃa colectiva con dirección artÃstica de Alba Fdez. Cotelo.
A Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense acolle o I Congreso internacional sobre as diferenzas: filosofÃa, cultura e educación nas sociedades do século XXI, organizado polo grupo de investigación OntoloxÃas da Diferenza. Fundamentos Teóricos e Repercusións Prácticas. Nel, pensadores de España e Portugal reflexionan sobre multiculturalismo, educación moral, a discusión entre a humanidade e as distintas intelixencias artificiais e as novas formas de pedagoxÃa.