O 28 de abril remata o prazo para participar no concurso de vÃdeos na rede Youtubeir@s
Todo o mundo pode ser youtubeir@ porque todos temos algo que contar. Baixo esta premisa a primeira edición de Youtubeir@s – Concurso de vÃdeos na rede encara a súa recta final. Xa hai un centro de propostas presentadas a concurso, organizados en vÃdeo-opinarmos e vÃdeo-facermos.
As persoas interesadas, maiores de 14 anos con vÃdeos de ata cinco minutos de duración, poderán achegar as súas propostas ata o venres 28 de abril. Esta é unha convocatoria para fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada no mundo. Dende a apertura do prazo de recepción de candidaturas xa se teñen inscrito un cento de vÃdeos, organizados en dúas categorÃas, vÃdeo-opinarmos e vÃdeo-facermos. En total hai 4.000 euros en premios que se repartirán nun acto a finais de maio en Ourense.
Na actualidade xa se poden ver na canle de Youtubeir@s as candidaturas presentadas. Na categorÃa de vÃdeo-facermos poden visualizarse dende receitas de cociña ata vÃdeos sobre como quitar os puntos negros do nariz ou como facer pasta de dentes para elefantes. Na de vÃdeo-opinarmos as propostas abordan temas tan diversos como a praga da couza guatemalteca, o amor na rede ou o deporte adaptado, entre moitos outros. O xurado que compoñen Manolo González, MarÃa Lado, Manuel N. Singala, MarÃa Yáñez e Pablo Lamosa xa comezou o seu traballo de visionado das pezas.
Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de Normalización LingüÃstica dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, asà como das universidades de Santiago, A Coruña e Vigo.
Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2017-04-25
Actualidad
O equipo, eminentemente galego e cunha moi alta porcentaxe feminina, está a filmar en distintas localizacións das provincias da Coruña e Lugo, a través das que se reconstrúe o nacemento e a evolución da mÃtica fábrica de cerámica, que se deu en chamar a “Bauhaus galega” polas cores, formas e deseños vangardistas das súas creacións. Ao tempo, contarase tamén a historia de Galicia a través do seu deseño, cos seus elementos diferenciais e de calidade no centro do discurso. Outros dos escenarios polos que discorrerá Hoxe e o resto do mundo son Cervo (Lugo), onde comeza esta historia a primeiros do século XIX, Sada (A Coruña) e Santiago de Compostela, ademais doutros espazos da cidade herculina.
O CDG celebra os 40 anos da súa fundación desenvolvendo unha intensa programación que estende a súa actividade á produción e participación en 15 espectáculos e proxectos escénicos, a máis de 100 concellos de toda a Comunidade e á colaboración con entidades dunha decena de paÃses en Europa e América. En palabras de Román RodrÃguez, conselleiro de Cultura, a unidade teatral continuará avanzando nunhas liñas mestras que, desde o respecto ao pasado, poñen o foco en novas vÃas de encontro coa cidadanÃa, na accesibilidade, na proxección exterior ou na creación galega.
Notas
A Facultade de QuÃmica será entre os dÃas 3 e 6 de setembro a sede do XI Congreso Internacional de Nanociencia e NanotecnoloxÃa AnalÃtica (XI NyNA 2024). O encontro está organizado polo grupo de investigación de Elementos Traza, EspectroscopÃa e Especiación (GETEE) e o Instituto de Materiais (iMATUS) da USC coa colaboración do Grupo Especializado en Ciencia e TecnoloxÃas (Bio) AnalÃticas da Real Sociedade Española de QuÃmica (RSEQ).
Os vindeiros 9, 10 e 11 de abril celébrase na Universidade da Coruña o primeiro congreso IA & Hospitality, un espazo onde se analizará a relación presente e futura entre a Intelixencia Artificial e o turismo, un dos principais motores económicos do noso paÃs. O programa do congreso, que terá lugar no Paraninfo da UDC, inclúe oito mesas de debate nas que se tratará dende a experiencia do cliente ata a ciberseguridade e os destinos e a IA.