Notas de prensa

O desfile de 'Star Wars' estrea novo percorrido polo Casco Histórico de Compostela

O evento celébrase o sábado das festas da Ascensión, polo que se prevé que asistan miles de persoas, tanto de Santiago coma visitantes e turistas, superando as cifras de asistencia das dúas edicións anteriores. O primeiro desfile celebrouse o 21 de maio do 2010, con motivo do trinta aniversario da película da saga O Imperio contraataca.

A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, acompañada dos representantes da Tropa Korriban, Manuel Ãngel Gayoso, Andrés Torreiro e Juan Piteira, presentaron o novo percorrido do desfile dos Imperial Stormtroopers que se celebrará o 27 de maio. Está previsto que o desfile comece ás 17:30 e remate ás 19:30 horas.

O desfile partirá do colexio La Salle. Pasará por rúa Valle Inclán, costa de San Domingos, Porta do Camiño, Casas Reais, rúa Travesa, rúa San Bieito, cantón de San Bieito, praza da Pescadería Vella, praza de Santo Agostiño, rúa das Ameas, praza de San Fiz, travesa da Universidade, praza da Universidade, praza de Mazarelos, rúa Cardeal Payá, rúa das Orfas, cantón do Toural, praza do Toural, rúa do Vilar, praza de Praterías e rúa Fonseca, para chegar finalmente ao Obradoiro.

Un grupo de persoas organizou aquel evento, que foi un éxito de participación, con máis de 20.000 asistentes. A partires daquel evento naceu a Tropa Korriban, asociación de fans de Star Wars de Galicia. No 2013 organizou o segundo desfile de Star Wars en Santiago, neste caso para celebrar o 30º aniversario de O retorno do Jedi.

Neste terceiro desfile celebrarase o 40º aniversario da estrea da primeira película da saga de Star Wars, que se proxectou por primeira vez en 1977 e coa que George Lucas comezou a crear un universo con millóns de seguidores en todo o mundo.

Desta vez está confirmada a participación de Paul Blake, actor británico que fixo o papel de Greedo na primeira película da serie. Paul Blake asinará autógrafos o día do evento, polo que calquera afeccionado a Star Wars poderá contar cun documento manuscrito asinado por un actor participante na primeira película da serie. A recadación que se consiga doarase á Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.

No desfile haberá unha homenaxe á figura da actriz Carrie Fisher, quen interpretou á princesa Leia. Todas as persoas que desexen participar poden atopar máis información en www.imperialstormtroopers.es.

Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela, 2017-04-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-oficina.jpg) Por que o universo dos activos dixitais semella un mundo masculino? Por que a maioría de ‘influencers’ do mundo cripto que saen á palestra son homes? Está equilibrada a proporción entre homes e mulleres nos consellos de administración das empresas? Estas son algunhas das preguntas ás que se deu resposta este luns na VI Xornada de igualdade de xénero e Dereito Mercantil, actividade dirixida desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo polas docentes Sara Louredo e Ana Mª Aido e para a que, nesta ocasión, se contou coa participación de dúas profesoras expertas en Dereito Mercantil: Vanessa Jiménez, da Universidad de Salamanca, e Josefina Boquera, da Universidad de Valencia.
Foto de la tercera plana (20240423-xunta.jpg) Un total de 23 os equipos de 19 colexios e institutos participaron no lanzamento de satélites elaborados por parte de centros educativos galegos no marco da fase autonómica do programa da Axencia Espacial Europea Cansat 2024, que se desenvolveu no aeródromo das Gaivotas, en Cerceda. A xornada desenvolveuse arredor de tres actividades: un obradoiro de foguetes químicos e de auga impartida polo alumnado do Centro Público Integrado O Cruce (Cerceda), unha exhibición de drons a cargo de Aeromedia e o lanzamento dos satélites. O secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Manuel Vila, acompañou os alumnos nesta xornada.

Notas

O Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero (CIFEX) da USC participa na organización do primeiro Congreso Internacional sobre Feminismos e Humor ‘HumorSofías’, que se desenvolverá os días 7 e 8 de maio na facultade compostelá de Filoloxía. A inscrición no encontro, organizado ademais pola Universidade Complutense de Madrid e o Middlebury College con financiamento da Deputación da Coruña, é gratuíta ate completar aforo.
Desde principios do ano 2023, persoal investigador das universidades de Vigo e Oviedo e da empresa EOSOL Ingeniería desenvolven o proxecto Antennas for Underground Communications. O seu obxectivo é proporcionar á Axencia Espacial Europea (ESA) o deseño conceptual dunha antena de comunicacións que poida funcionar no interior de covas da Lúa. A súa proposta vén de someterse con éxito a ensaios técnicos no campus de Ourense.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES