O Café Bar Derby de Santiago, un dos lugares frecuentados por Ramón MarÃa del Valle-Inclán durante a súa estadÃa en Compostela, acolleu a presentación de 'Martes de Carnaval', a produción que o Centro Dramático Galego (CDG) estrea o xoves 20 de abril, ás 21.00 horas, na súa sede do compostelán Salón Teatro. Será a primeira ocasión na que soen en galego sobre un escenario as obras de Valle As galas do defunto e A filla do capitán, que integran a proposta da compañÃa da Xunta de Galicia e reúnen os elementos caracterÃsticos do esperpento desenvolvido polo gran autor arousán.
O conselleiro de Cultura e Educación, Román RodrÃguez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e a directora do CDG, Fefa Noia, interviñeron nesta presentación xunto coa directora do espectáculo, Marta Pazos, o elenco de 10 actrices e actores e o resto do equipo artÃstico. Ao acto tamén asistiu o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.
Mirada propia e nova
Román RodrÃguez explicou que o “paso a dominio público do legado do excepcional Valle-Inclán” abriu este ano a posibilidade de representar no noso idioma as súas obras e supón, por tanto, unha gran oportunidade para as compañÃas teatrais galegas. No caso do CDG, felicitou expresamente a súa directora por asumir este reto, “buscando ademais proporcionar unha mirada nova e propia sobre a obra dos grandes dramaturgos de todos os tempos, como, desde logo, é Valle-Inclán”, asegurou.
Trasladoulle, asà mesmo, os seus parabéns a todo o equipo artÃstico e técnico que, coa estrea deste xoves, culmina un intenso proceso de produción e ensaios de varios meses, durante os que se lle deu forma a un espectáculo de 2 horas e 35 minutos de duración, cun intervalo de 15 minutos entre as dúas pezas.
A primeira delas, As galas do defunto, está ambientada na época na que discorre a historia da Daifa e Juanito Ventoleira, situada nunha cidade portuaria galega en 1898, en plena resaca da guerra de Cuba. Pola súa banda, A filla do capitán traslada ao momento actual a trama que Valle construÃu a partir de dous acontecementos reais do seu tempo: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, famoso na prensa sensacionalista de 1913.
Dialogar cunha icona
A pesar destas dúas aproximacións estéticas diferentes, na proposta de Marta Pazos ambas as obras dan conta da absoluta vixencia temática e simbólica dos textos de Valle-Inclán, asà como da súa valentÃa e risco á hora de criticar as miserias da sociedade a través dunha privilexiada capacidade para a sátira e a retranca. Con este fin, a directora buscou en todo momento unha posta en escena limpa e consecuente co universo creado polo autor galego, poñendo a poética e o traballo de todo o equipo ao servizo do diálogo cunha gran icona da literatura universal.
Xunto co persoal técnico do Centro Dramático Galego, implicouse neste proposta un sobresaÃnte cadro artÃstico con profesionais que veñen desenvolvendo as súas traxectorias teatrais en compañÃas de toda a penÃnsula: Rut BalbÃs (movemento), Fernando Ribeiro (escenografÃa), UxÃa Vaello (vestiario), José Ãlvaro Correia (iluminación), Hugo Torres (música e asesorÃa de dramaturxia), Esther Quintas Salgado (caracterización), Manuel Cortés (tradución), Rosa Moledo (asesorÃa lingüÃstica), Ernesto Arias (traballo de palabra), Gena Baamonde (asistencia de dirección), José Faro “Coti” (asistencia de escenografÃa e iluminación), MarÃa Villas (asistencia de vestiario) e José DÃaz (música e asistencia de produción).
Esforzo interpretativo e fÃsico
En canto ao elenco, as actrices Iria Azevedo, Mercedes Castro, Anabell Gago e MarÃa Roja, e os actores César Cambeiro, Miquel Insua, Alejandro Jato, Pablo Rivero Madriñán, Machi Salgado e Sergio Zearreta dan vida os máis de 30 personaxes que suman As galas do defunto e A filla do capitán. Neste sentido, a posta en escena de Martes de carnaval require dun gran esforzo interpretativo e mesmo fÃsico, asà como da rapidez e a precisión técnica en escena e entre bambolinas.
O CDG desenvolverá dous perÃodos de exhibición na súa sede de Santiago con esta nova produción. Tras a estrea deste xoves, poderá verse aquà o venres 21 e o sábado 22, ás 20.30 h, e o domingo 23, ás 18.00 h, asà como do luns 24 ao xoves 27 en sesións matinais, ás 10.30 horas, dentro dunha campaña escolar para alumnado a partir de 16 anos de idade. Martes de Carnaval regresará a Compostela para unha segunda estadÃa no Salón Teatro entre o 28 de xuño e o 16 de xullo. Os billetes para estas funcións xa poden adquirirse a través da web entradas.abanca.com e do teléfono 902 434 443, ademais de poñerse á venda na billeteira desde dúas horas antes do comezo de cada representación.
Antes de regresar á capital galega, o espectáculo desenvolverá unha xira por outros oito escenarios: Tui (5 de maio no Teatro Municipal), O Barco de Valdeorras (12 de maio no Teatro Municipal Lauro Olmo), Ourense (19 e 20 de maio no Teatro Principal), A Coruña (2 e 3 de xuño no Teatro RosalÃa Castro), Rianxo (9 de xuño no Auditorio Municipal), Valencia (11 de xuño no Teatre Principal, dentro de Festival Tercera Setmana), Pontevedra (15 de xuño no Auditorio Afundación) e Vigo (22 de xuño no Teatro Afundación).